Disney's House of Mouse (ou simplemente House of Mouse) é unha serie de animación estadounidense producida por Walt Disney Television Animation que se emitiu orixinalmente en ABC (no espazo Disney's One Saturday Morning) dende o 13 de xaneiro de 2001 até o 18 de maio de 2002, e posteriormente en Toon Disney dende o 2 de setembro de 2002 até o 24 de outubro de 2003, cun total de 52 episodios. A serie céntrase en Mickey Mouse e os seus amigos dirixindo un club de teatro con cea no escenario ficticio de ToonTown, atendendo a moitos personaxes de debuxos animados e filmes de animación de Disney mentres presentan unha variedade das súas curtametraxes de debuxos animados. A serie recibe o nome dun alcume ou epíteto común para The Walt Disney Company.
A serie animada é unha derivación da serie Mickey Mouse Works, e contou con moitas das curtametraxes da serie, así como unha selección de curtametraxes novas e curtametraxes clásicas de Mickey Mouse, Goofy e Donald Duck das décadas de 1930 e 1950.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2001 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2003