La viuda negra é un filme español de crime, thriller e drama de 2025, dirixido por Carlos Sedes e escrita por Ramón Campos, Gema R. Neira, Jon de la Cuesta, David Orea e Javier Chacártegui. Está protagonizada por Ivana Baquero, Tristán Ulloa e Carmen Machi e baséase no caso real do asasinato de Antonio Navarro Cerdán en Patraix, Valencia. Estreouse en Netflix o 30 de maio de 2025.
Sinopse En agosto de 2017, aparece un home falecido en Valencia, acoitelado sete veces. A investigación da Policía Nacional apunta a un crime pasional e á súa nova viúva, Maje (Ivana Baquero), é a principal sospeitosa.
Personaxes Ivana Baquero como Maje Tristán Ulloa como Salva Carmen Machi como Eva Torres
Produción O 22 de setembro de 2024, Netflix anunciou por primeira vez os seus dous novos proxectos de filmes españois orixinais, La viuda negra e Cortafuego, o primeiro dos cales estaría dirixido por Carlos Sedes e producido por Bambú Producciones. O 22 de novembro de 2024, tivo lugar un día de rodaxe de La viuda negra no concello madrileño de Alcorcón, preto do Colexio Amor de Dios. O 4 de decembro de 2024, anunciouse que Ivana Baquero, Tristán Ulloa e Carmen Machi protagonizarían o filme. Foi escrito por Ramón Campos, Gema R. Neira, Jon de la Cuesta, David Orea e Javier Chacártegui, quen anteriormente colaboraron xuntos na miniserie El caso Asunta.
Lanzamento O 9 de abril de 2025, Netflix anunciou que estrearía La viuda negra na súa plataforma o 30 de maio de 2025. O 19 de maio de 2025, Netflix lanzou o tráiler.
Notas
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes rodados en Valencia Categoría:Filmes ambientados en Valencia Categoría:Filmes ambientados en 2017 Categoría:Filmes de Bambú Producciones