A xeneralización precipitada ou xeneralización apresurada é unha falacia lóxica informal que se produce cando o tamaño dunha mostra presentada é demasiado pequeno para soportar unha xeneralización, é dicir, aínda que é posible que só unha mostra represente a poboación, a mostra é insuficiente para demostrar a afirmación.
Exemplos
Coñecín a un francés que falaba moi alto. Polo tanto, todos os franceses falan moi alto. Algúns políticos malversaron fondos do sector sanitario. Polo tanto, todos os políticos son ladróns. Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lóxica informal Falacia lóxica informal
Ligazóns externas
Xeneralización precipitada: significado e exemplos (Filosofia na escola. pt)
Categoría:Falacias Categoría:Lóxica