Rhun ap Iorwerth (pronuncia en galés: [r̥ɨːn ap ˈjɔrwɛrθ]), nado o 27 de agosto de 1972, é un político e xornalista galés que exerce como primeiro ministro de Gales dende o 12 de maio de 2025 e líder de Plaid Cymru desde xuño de 2023. Foi membro do Senedd (Parlamento Galés) por Ynys Môn desde 2013 e despois foi deputado por Bangor Conwy Môn desde maio de 2026.
Liderado de Plaid Cymru En maio de 2023, ap Iorwerth anunciou que se presentaba para converterse no líder de Plaid Cymru. Foi elixido sen oposición.
O 17 de marzo de 2024, ap Iorwerth anunciou unha conclusión anticipada do acordo de cooperación entre o Partido Laborista Galés e Plaid Cymru, afirmando: "Sigo profundamente preocupado porque o Primeiro Ministro Vaughan Gething non devolveu a doazón de 200.000 libras á súa campaña de liderado dunha empresa condenada por delitos ambientais, e creo que demostra unha importante falta de xuízo".
Nas eleccións ao Senedd de 2026, gañou un escano na circunscrición de Bangor Conwy Môn. En xaneiro de 2026, dixo que prefería formar un goberno en minoría que un goberno de coalición. Nas eleccións, Plaid Cymru converteuse no partido máis grande do Senedd con 43 escanos, e BBC News especulaba que se convertería no Primeiro ministro de Gales. Finalmente Rhun ap Iorwerth foi nomeado primeiro ministro o 12 de maio mediante unha votación no Senedd.https://newyddion.s4c.cymru/article/ethol-rhun-ap-iorwerth-brif-weinidog-newydd-gymru
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Gales Categoría:Xornalistas de Gales Categoría:Políticos de Plaid Cymru