Leria é unha banda galega de música indie pop en galego que está formada por Andrea (teclado e voces), Itzi (baixo e voces), May (guitarra e voces principais) e Hele (batería e voces).
Traxectoria A banda foi creada por May e Hele nas rúas da Coruña en 2021. Unha vez que Itzi e Andrea se uniron á banda, Leria tocou en festivais como o Festigal e o Rock in Cambre. En 2023, lanzan os seus primeiros sinxelos, Queres ir a bailar? e Ao Final.
En 2024, lanzan outro sinxelo, Chulita ben e o 29 de marzo do mesmo ano lanzan o seu primeiro álbum, Marusía (2024), unha mestura entre indie, pop e, ás veces, incluso rock. A xira do álbum Máis vivas ca nunca comezou con todas as entradas esgotadas.
A banda caracterízase por un directo moi enérxico e divertido, aínda que tamén interpretan algunhas pezas máis intensas.
Discografía
Álbums
Marusía (2024)
EPs
DISCOMOTOR (2025)
Sinxelos
Quere ir a bailar? (2023) Ao Final (2023) Chulita ben (2024) Luces De Neon (2025) OQMVEG (2025) Vida de Rockstar (2025)
Notas
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de indie pop