Manuel Soutullo Iglesias, nado nas Barxas, parroquia de Cudeiro, concello de Ourense (antigo concello de Canedo) o 27 de febreiro de 1915, e finado en Hartheim (Austria) o 2 de febreiro de 1942, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.
Traxectoria Os pais de Manuel eran labregos. A súa nai, Ramona, segundo a partida de nacemento, procedía da inclusa de Ourense. miniatura|Aviso de deceso de Manuel Soutullo remitido polo goberno francés a súa nai
Manuel Soutullo foi procesado por 'Auxilio á rebelión' o 15 de abril de 1937, coa pena de "sobresemento por rebeldía", xa que fuxiu ao territorio republicano, e o seu nome figura na nómina do Exército do Centro (unidade do exército da República) dos "evadidos del enemigo", con 50 pesetas, e sen armamento.
Formou parte da Retirada (nome do exilio de medio millón de republicanos españois a Francia), e pasou polos campos franceses e as Compañía de traballadores estranxeieros antes de caer en mans dos alemáns.
Entrou no Stalag de Tréveris o 23 de maio de 1941, e o 3 de xuño ingresou en Mauthausen, co número 5 170. Rexistrado como solteiro, e ferreiro de profesión.
Faleceu o 2 de febreiro de 1942, gaseado no castelo de Hartheim, ás 5:10 horas, segundo o ‘falso’ certificado de defunción asinado por un Oberscharfürer de Mauthausen.
O castelo de Hartheim no ano 1940 foi transformado nun instituto para a eutanasia, "Aktion T4 ", destinada ao asasinato de persoas discapacitadas e enfermas. Calcúlase que no castelo foron gaseadas unhas 30.000 persoas ata 1944, entre elas 5 000 detidos dos campos de concentración de Mauthausen, Gusen e Dachau.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa