Medio dólar dailla de Roanoke, Carolina do Norte "Roanoke Island, North Carolina Half Dollar". United States Mint (Usmint.gov).."1937 Roanoke Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar Roanoke Island". Numista.com"1937 Roanoke Colonization 350th Anniversary Half Dollar". American Numismatic Association (Money.org).150x150px150x150pxA/: Retrato de Sir Walter Raleigh de perfil cara á esquerda, receptor da carta de colonización outorgada por Isabel I. Marca de gravador (monograma WMS) Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / LIBERTY / 1937 / SIR WALTER RALEIGH / HALF DOLLAR·R/: Eleanor Dare e a súa filla Virginia Dare, primeira nena nada en América de pais ingleses. Lendas: THE COLONIZATION OF ROANOKE ISLAND NORTH CAROLINA / THE BIRTH OF VIRGINIA DARE / IN GOD WE TRUST / 1587 1937 Data: 1937. Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: William M. Simpson Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 29.000 exemplares (mais outros 30 para a Comisión de Ensaios). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar da illa de Roanoke, Carolina do Norte é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia con data de 1937. A moeda foi emitida en conmemoración do 300 aniversario da colonización da illa de Roanoke, en 1587.
A moeda, deseñada por William M. Simpson, representa a Sir Walter Raleigh nunha das caras e a Eleanor Dare, na outra, sostendo a súa filla, Virginia Dare, a primeira persoa de ascendencia inglesa nada nunha colonia inglesa no continente americano.
A tiraxe súa inicial foi de 50.000 exemplares, aínda que finalmente a Roanoke Memorial Association, entidade encargada da súa comercialización, devolveu 21.000 á casa da moeda para a súa refundición, co que a tiraxe definitiva quedou en 29.000 pezas.
Antecedentes e contexto
O feito conmemorado En 1584, Sir Walter Raleigh recibiu patentes reais da man de Isabel I de Inglaterra que o autorizaban a explorar "terras remotas, pagás e bárbaras". Daquela, equipou dous barcos para unha expedición a América, coa esperanza de fundar un asentamento o máis próximo posible á Florida española. Os barcos exploraron ao longo da costa atlántica, e escolleuse como lugar de asentamento a illa de Roanoke, na actual Carolina do Norte, porque había nativos americanos amigables nas proximidades. En 1585, Raleigh enviou sete barcos máis á illa Roanoke, e en 1586, con poucas provisións, os colonos regresaron a Inglaterra despois de que Sir Francis Drake os visitase e os levase a bordo dos seus barcos.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 142-143. miniatura|370x370px|O bautismo de Virginia Dare, por B. L. Sheppard.Montgomery, W. (1889). American art and American art collections; essays on artistic subjects. Vol. I. Walker & Co. Boston. Páxina 511. Só unhas semanas despois da partida deses primeiros colonos, chegou unha expedición de reabastecemento e deixou alí 15 persoas, aínda que estas pereceron cara a 1587. Despois Raleigh vendeu os seus dereitos, e os compradores enviaron tres naves con colonos, que foron deixados na illa Roanoke en 1587 baixo o mando de John White. O 18 de agosto de 1587, a filla de White, Eleanor Dare, tivo alí unha filla, Virginia Dare, a primeira nena inglesa nada nunha colonia inglesa do Novo Mundo. Nove días despois, White partiu cara a Inglaterra para organizar o reaprovisionamento, mais os seus intentos alí foron frustrados pola guerra con España, xa que Inglaterra necesitaba todos os barcos para se defender da Armada Española. Non foi ata 1590 cando White puido regresar, e descubriu entón que os colonos desapareceran, deixando gravada a palabra CROATOAN nunha árbore. O seu destino segue a ser descoñecido, aínda que se especulou moito con que pereceron na illa ou no mar, ou foron asimilados por unha tribo nativa americana próxima.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 143.
O boom das emisións conmemorativas Impulsado por novas emisións con baixas tiradas cuxa demanda era maior que a oferta, o mercado de moedas conmemorativas dos Estados Unidos disparouse en 1936. Ata 1954, o Goberno vendíalle toda a tiraxe destas emisións polo seu valor nominal a unha entidade sen ánimo de lucro autorizada polo Congreso, que logo intentaba comercializalas cunha marxe de beneficio coa que sufragar diversas actividades conmemorativas e sociais. Esta abundancia de emisións garantía uns beneficios aparentemente sinxelos e seguros, que se podían obter simplemente mercando e gardando as moedas conmemorativas, e isto motivou que moitas persoas comezasen as súas coleccións deste tipo de moedas.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 62-63.
Mais esta sobreabundancia de emisións conmemorativas, que chegou ao seu punto máximo en 1936, e que en ocasións chegaban a conmemorar efemérides inexistentes e de carácter puramente local, provocou unha forte especulación no mercado numismático,Yeoman, R. S. (2020). Páxinas 1.068-1.077.Swiatek, A. (2012) Páxina 304. o que levou o Congreso, xa en abril dese ano, a reaccionar engadindo medidas de protección nos proxectos de lei polos que se autorizaban tales emisións.Flynn, K. (2008). Páxina 116. E o mercado tamén reaccionou, xa que moitas das novas emisións non se esgotaron e os prezos no mercado secundario comezaron a caer ata dous terzos do prezo inicial. Así as cousas, a finais de 1936, o boom das moedas conmemorativas estadounidenses chegou á súa fin.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 63.
Proceso lexislativo miniatura|Lindsay C. Warren, promotor na Cámara de Representantes do proxecto de lei para autorizar a moeda.
Cámara de Representantes Neste contexto, o 20 de marzo de 1936, o representante demócrata de Carolina do Norte Lindsay C. Warren introduciu na Cámara de Representantes dos Estados Unidos un proxecto de lei para autorizar un medio dólar en conmemoración do 300 aniversario da colonización da illa de Roanoke, en 1587. No canto de ser remitido á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas desa cámara, foi enviado ao Comité Conxunto sobre o Estado da Unión, para a súa consideración no pleno. Alí, Warren solicitou o consentimento unánime para proceder co proxecto de lei, e o republicano Bertrand H. Snell, de Nova York, declarou que se a Cámara tivese moitos máis destes proxectos de lei, pronunciaría un discurso a favor de cada un deles (presumiblemente para os atrasar), pero como lle foran desestimados tantas veces, optaba por non oporse. Pola súa banda, o republicano de Pensilvania Robert F. Rich afirmou que este era o 35º proxecto de lei para a emisión dunha moeda conmemorativa que a maioría demócrata presentara, ao seu xuízo como un xeito de inflar estas emisións, e que deberían ter coidado de non facer algo do que puidesen arrepentirse. Malia estas reticencias, ningún dos dous representantes se opuxo, e o proxecto de lei aprobouse na Cámara sen que se rexistrasen obxeccións."Coinage of 50-cent Pieces in Commemoration of Sir Walter Raleigh's Colony". En Congressional Record - House. 20 de maio de 1936. Páxinas 7651-7652, 7656.
Senado O proxecto pasou daquela ao Senado, onde o 21 de maio foi remitido á súa Comisión de Banca e Moeda."House Bills Referred. H. R. 12799". En Congressional Record - Senate. 21 de maio de 1936. Páxina 7.660. O proxecto saíu dese comité o 2 de xuño de 1936 cun informe do senador demócrata Alva Adams, de Colorado.USSCBC (1936-b-). Páxina 1. O senador Adams tiña coñecemento dos abusos que se estaban a producir coas emisións de moedas conmemorativas a mediados da década de 1930, que premiaban a especulación e castigaban os intereses dos coleccionistas e da poboación interesada en gardar algúns exemplares de recordo, e interveu neste sentido no Senado o 11 de marzo de 1936.USSCBC (1936-a-). Paxinas 11-12. O informe da comisión de Adams sinalaba que o proxecto de lei orixinal contiña "as emendas estandarizadas que foron adoptadas como política lexislativa" pola Comisión, incluíndo a esixencia de emitir un mínimo de 25.000 moedas de cada vez, cunha única data e coa limitación da emisión a unha soa ceca, que sería seleccionada polo director da US Mint, co que se pretendía evitar unha cantidade excesiva de variedades que incomodasen os coleccionistas. A única emenda introducida no proxecto de lei, que inicialmente conmemoraba o aniversario da colonia, o nacemento de Virginia Dare e o seu bautismo, foi a eliminación da referencia ao seu bautismo.USSCBC (1936-b-). Páxinas 1-2. Cando o Senado considerou o proxecto de lei o 6 de xuño de 1936, aprobou a emenda e despois o proxecto de lei, sen debate nin obxeccións rexistradas."Anniversary of Sir Walter Raleigh's Colony - Coinage of 50-cent Pieces". En Congressional Record - Senate. 6 de xuño de 1936. Páxinas 9.158-9.159.
Aprobación Como as dúas cámaras aprobaran versións diferentes, por mor das emendas introducidas no Senado, o proxecto de lei volveu á Cámara de Representantes. Alí, o 16 de xuño de 1936, Warren propuxo que a Cámara adoptase tamén a emenda do Senado, e así se fixo."Roanoke Island, N. C.". En Congressional Record - House. 16 de xuño de 1936. Páxina 9.643.
Finalmente, a lei foi promulgada logo da sinatura do presidente Franklin D. Roosevelt o 24 de xuño de 1936. A lei autorizaba unha cantidade ilimitada de medios dólares de Roanoke, dos cales non menos de 25.000 poderían emitirse en calquera momento por petición e logo do pagamento por parte da entidade que se autorizou para a súa distribución: a Roanoke Memorial Association. A lei impedía que se cuñasen moedas despois do 1 de xullo de 1937.Flynn, K. (2008). Páxina 456."Roanoke Island, North Carolina Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.gov)..
Preparación William Marks Simpson, quen máis tarde se encargaría tamén do deseño da moeda de medio dólar do Bicentenario de Norfolk, Virxinia, foi o artista contratado para deseñar a moeda conmemorativa do aniversario de Roanoke. O 26 de setembro de 1936, o secretario da Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, H. P. Caemmerer, escribiulle a Lee Lawrie, escultor e membro desa comisión, para o informar de que Simpson visitara as oficinas da comisión en Washington e deixara unha fotografía dun modelo para a moeda de Roanoke, que se xuntaba. Lawrie aprobouno, e o 30 de setembro o presidente da comisión, Charles S. Moore, transmitiu a aprobación preliminar, suxeita a que Simpson enviase fotografías dos seus modelos rematados.Taxay, D. (1967). Páxinas 227-228.Flynn, K. (2008). Páxina 321. Os modelos iniciais diferían das moedas finalmente adoptadas en varios detalles, entre eles ter a data de 1936 e a súa sinatura en lugar dun gromo de piñeiro.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 218.
Simpson remodelou os seus modelos, redistribuíndo o texto da moeda e dándolle ao busto de Raleigh do anverso un truncamento que o autor numismático Don Taxay describiu como "máis graciosa".Taxay, D. (1967). Páxina 228. Un dos cambios introducidos por Simpson consistiu representar o apelido de Raleigh como "Ralegh"; neste sentido escribiulle a Caemmerer o 11 de decembro para lle dicir que Raleigh nunca se chamara así e que, na maioría dos casos, asinaba o seu apelido como "Ralegh". A comisión insistiu na grafía "Raleigh", e Simpson viuse na obriga de ceder. Os modelos presentados en xeso polo escultor foron reducidos a matrices do tamaño real da moeda pola Medallic Art Company de Nova York.Taxay, D. (1967). Páxinas 228-231.
Deseño
Anverso miniatura|Gravado cun retrato de Walter Raleigh (1522-1618).Montgomery, D. H. (1902). The Beginner's American History. Ginn & Co., Boston. Páxina 22.