miniatura|upright=1.35|O tigre tomado como especie bandeira para unha campaña en Tamil Nadu, India. En bioloxía da conservación, unha especie bandeira, emblemática ou insignia é unha especie elixida para aumentar o apoio á conservación da biodiversidade nun determinado lugar ou contexto social. As definicións variaron, pero tenden a centrarse en obxectivos estratéxicos e a natureza socioeconómica do concepto, para apoiar o márketing dos programas de conservación. A especie debe ser popular, funcionar como simbolo ou icona e estimular a xente a dar diñeiro ou apoio.

As especies seleccionadas desde que se desenvolveu a idea na década de 1980 incluían especies amplamente coñecidas e carismáticas como os rinocerontes negros, o tigre de Bengala e o elefante asiático. Algunhas especies como os cangrexos de Chesapeake Callinectes sapidus e o morcego raposo voador da illa de Pemba (Tanzania) Pteropus voeltzkowi, o primeiro dos cales é localmente significativo en América do Norte e era axeitado para o contexto cultural e social. Aínda que a especie animal que se pode describir como "fauna carismática" é frecuentemente a especie bandeira para un ecosistema protexido, unha especie de planta grande e dominante pode exercer tamén ás veces ese papel, por exemplo, varios parques nacionais dos Estados Unidos, incluíndo os Parques do Estado e Nacional da Sequoia, o Parque Nacional da Árbore de Joshua e o Parque Nacional do Saguaro, recibiron o seu nome por unha especie de planta bandeira para estes áreas protexidas. Especies de bolboretas, como a bolboreta monarca, tamén serviron como especies bandeira nalgúns contextos.

Utilizar unha especie bandeira ten limitacións. Pode desviar as prioridades de xestión e conservación, o cal pode ser conflitivo. Pode ter un efecto negativo para os interesados se se perde a especie bandeira. O uso dunha especie bandeira pode ter efectos limitados, e a estratexia pode non protexer a especie da extinción: todos os dez primeiros grupos de animais carismáticos, como tigres, leóns, elefantes e xirafas, están en perigo.

Definicións

O termo especie bandeira está ligado á metáfora de representación. No seu uso popular, as especies emblemáticas vense como embaixadores ou iconas para o proxecto ou movemento de conservación. O xeógrafo Maan Barua sinalou que as metáforas inflúen no que a xente entende e en como vai actuar; que se escollen mamíferos de forma desproporcionada, e que os biólogos necesitan acertar coa linguaxe para mellorar o coñecemento do público sobre a conservación. Fixéronse varias definicións do concepto de especie bandeira e por algún tempo houbo certa confusión mesmo na literatura académica. A maioría das última definicións céntranse no carácter estratéxico, socioeconómico e de márketing do concepto. Algunhas definicións son:

"unha especie usada como foco dunha campaña de conservación ampla baseándose na súa posesión dunha ou máis características que a fan atractiva para o público aoque vai dirixida" "especie que ten a capacidade de capturar a imaxinación do público e inducir a xente a apoiar a acción de conservación e/ou doar fondos" "especie popular carismática que serve como símbolo e puntos de encontro para estimular a consciencia e as accións de conservación".

Historia

O concepto de especie bandeira parece que se fixo popular a metade da década de 1980Frazier, J. 2005. Marine turtles: the role of flagship species in interactions between people and the Sea MAST, 3(2) and 4(1),5–38 dentro do debate de como dar prioridade a especies para a conservación. As primeiras referencias facilmente dispoñibles do uso do concepto de especies bandeira aplicáronse a primates neotropicaisMittermeier, R. 1988. Primate diversity and the tropical forest. Pages 145–154 in E. O. Wilson, editor. Biodiversity. National Academy Press. Washington, DC. e elefantes africanos e rinocerontes, nunha estratexia enfocada nos mamíferos, que aínda é a que domina no uso do concepto. O uso de especie bandeira estivo dominado por animais de corpo grande, especialmente mamíferos, aínda que os membros doutros grupos taxonómicos tamén se usaron de cando en vez.

miniatura|upright|O pigargo americano de cabeza branca como especie bandeira para os bosques dos Estados Unidos.

Os proxectos de especies bandeira tiveron ás veces éxito en salvar a especie e o seu hábitat, como ocorreu co pigargo americano de cabeza branca e o manatí.

Elección das especies miniatura|O parrulo tadorna ferruxenta, unha especie bandeira da Zona Húmida Internacional de Arjan. As especies bandeira elixidas adoitan ser carismáticas e ben coñecidas, como o tigre de Bengala (Panthera tigris), o panda xigante (Ailuropoda melanoleuca), o tamarino leonado (Leontopithecus rosalia), o elefante africano (Loxodonta sp.) e o elefante asiático (Elephas maximus). Porén, como as especies bandeira se seleccionan de acordo co público ao que se espera influír, estas especies poden tamén pertencer a grupos tradicionalmente pouco carismáticos se o contido cultural e social é o correcto. Especies menos carismáticas pero localmente significativas son o morcego Pteropus voeltzkowi como especie bandeira en Tanzania, e o cangrexo Callinectes sapidus nos Estados Unidos. Outros exemplos son o tadorna ferruxenta na conservación da zona húmida do lago Arjan en Irán, onde a especie foi seleccionada nun proceso participativo entre as comunidades locais para reconectar a xente coa biodiversidade da zona húmida.Ebrahimi, I., Dai, r., Kazemi, F. & Seifi, A. (2024). Community-based flagship species selection for wetland conservation: A case study from Iran. Journal of Wildlife and Biodiversity, 8(1), 1-14. https://wildlife-biodiversity.com/index.php/jwb/article/view/680

Algunhas especies bandeira son especies clave, como o león africano, un superdepredador: controla as pobaocións de grandes herbívoros, protexendo os ecosistemas en toda a contorna. Porén, a capacidade do león de servir como especie clave está diminuíndo a medida que a súa poboación e distribución declina. O WWF usa especies bandeira como unha das súas categorías de clasificación, xunto con especies clave e especies indicadoras. Elixe entre elas cando selecciona unha especie prioritaria para representar as ameazas á conservación ás que se enfronta determinada rexión. miniatura|O lince eurasiático é unha especie bandeira nunha área protexida de Polonia. As especies bandeira poden representar unha característica ambiental (por exemplo, unha especie ou ecosistema), causa (por exemplo, o cambio climático ou a acidificación do océano), organización (por exemplo, ONG ou departamento gobernamental) ou rexión xeográfica (por exemplo, estado ou área protexida).

As especies bandeira poden seleccionarse seguindo diferentes metodoloxías, como o márketing social, a economía medioambiental e a bioloxía da conservación, dependendo do que é valorado polo público ao que se intenta influír, e os obxectivos do proxecto, como concienciar sobre a conservación, recadación de fondos, promoción do ecoturismo, conservación baseada na comunidade e promoción de investigacións financiadas. Isto ilústrase coas diferenzas nas recomendacións feitas na selección de especies bandeira dirixidas a públicos diferentes, como comunidades locais e turistas.

Limitacións miniatura|Billete de 5000 xelíns tanzanos co rinoceronte negro como especie bandeira da vida silvestre do país.

O uso dunha especie bandeira ten algunhas limitacións: Pode distorsionar as prioridades de conservación e xestión no seu favor en detrimento de especies máis ameazadas pero menos carismáticas. As xestións de diferentes especies bandeira poden entrar en conflito. A desaparición da especie bandeira pode ter un efecto negativo nas actitudes dos interesados na conservación. Pode ter un impacto limitado no comportamento dos doantes, se os doantes non poden dedicar moito tempo a procesar a mensaxe da campaña. A maioría das prácticas de conservación con especies bandeira adoitan ser custosas e difíciles de manter.

Deixando á parte o impacto sobre outras especies, o carisma non parece protexer nin sequera ás especies carismáticas contra a extinción. Os dez grupos máis carismáticos de animais identificados nun estudo de 2018, concretamente o tigre, león, elefante, xirafa, leopardo, panda, guepardo, oso polar, lobo e gorila, están actualmente en perigo; soamente o panda xigante mostra un crecemento demográfico a partir dunha poboación extremadamente pequena. Os investigadores suxiren que o estendido uso de imaxes destes animais deulle ao público a impresión de que eses animais eran abundantes, ocultando o seu alto risco de extinción inminente. Sinalaron que isto segue sendo verdade malia o enfoque intenso nos esforzos de conservación sobre esas determinadas especies. Un importante reto na utilización de varias especies bandeira en contextos fóra dos países occidentais foi que podían entrar en conflito coas comunidades locais, o que poñía en perigo accións de conservación ben intencionadas. Isto denominouse "motín das especies bandeira", e exemplifícase co elefane asiático en países onde hai un conflito humanos-elefantes.

Outros tipos As bandeiras en conservación poden usarse nun nivel máis amplo, por exemplo con ecosistemas como os arrecifes de coral, selvas ou áreas protexidas como o Serengeti ou Yellowstone. Algunhas iniciativas recentes desenvolveron bandeiras baseadas no valor da conservación dunha determinada área ou especie. Exemplos destes son o proxecto EDGE levado a cabo pola Sociedade Zoolóxica de Londres e os Hotspots levados a cabo pola Conservation International. Máis recentemente, o traballo en microbioloxía empezou a usar especies bandeira dun xeito distinto. Este traballo relaciónase coa bioxeografía de microorganimos e usa especies determinadas porque as "'bandeiras' que captan a atención cun tamaño e/ou morfoloxía conspicuas son os mellores indicadores de distribución".

Notas a rodapé

Notas

Véxase tamén Outros artigos Especie clave Especie indicadora Megafauna carismática Especies paraugas

Bibliografía

Categoría:Conservacionismo e biodiversidade