Enriqueta Garat Loureiro, nada en Ferrol en 1982, máis coñecida como Ketty Garat, é unha xornalista de investigación especializada no ámbito político, concretamente no Partido Socialista Obrero Español.

Traxectoria Filla do almirante Manuel Garat Caramé, procede dunha familia de seis irmáns onde ten pai, tío segundo (Juan Rodríguez Garat), avó e bisavó oficiais da Armada. Con moita mobilidade ó longo da súa vida pola profesión do seu pai, rematou Bacharelato en Nápoles con premio honorífico e volveu a España para estudar Xornalismo na Universidade Rei Xoán Carlos entre 2000 e 2006. Centrouse tanto en prensa como en radio (aínda que tamén se introduce na televisión), normalmente dixital,e pasou durante a súa carreira profesional na axencia de noticias Servimedia (bolseira de Félix Madero), a cadea COPE e (durante catro anos) ou esRadio de Libertad Digital a partir de 2008, como cronista do segundo goberno de José Luis Rodríguez Zapatero. Pasou tamén por El Confidencial na súa versión dixital e por Vozpópuli.

En 2019 comezou a traballar en The Objective, onde é subdirectora, dende onde destapou os casos de corrupción de José Luis Ábalos (o caso Máscaras e o caso Hidrocarburos) que levarían o exministro de transportes a xuízo. Este medio, xunto con moitos dos anteriores onde Ketty traballara, cadra que foi un dos que o goberno de Pedro Sánchez vetou no 2022. En 2025 recibiu tres recoñecementos xornalísticos, entre os que destaca o Premio Víctor de la Serna da Asociación de Prensa de Madrid á mellor xornalista do ano. O 29 de xuño de 2026 anunciou que deixaba The Objective para entrar en ABC

Colaboracións Entre os principais programas onde Garat participa ou participou poden mencionarse: Por fin (sección Los dispares) con Jaime Cantizano en Onda Cero De hoy a mañana con Carlos Cuesta en 13 TV Hablando claro en La 1 (extinto en setembro de 2023) La brújula con Rafa Latorre en Onda Cero Los desayunos de TVE en La 1 Cuatro al día (extinto en abril de 2024) Horizonte con Iker Jiménez, de Mediaset España El programa de Ana Rosa con Ana Rosa Quintana, de Mediaset España (dende 2025) La mirada crítica con Ana Terradillos, de Telecinco (dende que substituíra o anterior polas mañás en 2023)

Obras publicadas Bajo las alfombras del Congreso (2012). Editorial Planeta. Todos los hombres de Sánchez (2026). Editorial Deusto.

Notas

Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade Rei Xoán Carlos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes