O acróbata de Osuna é unha escultura que data de finais do século II a. C. A obra está exposta no Museo Arqueolóxico Nacional de España, en Madrid, xunto a diversas esculturas do período ibero, co número de inventario 38427.

Historia É un altorrelevo da época ibera, concretamente esculpida polo pobo turdetano, e que foi atopada na localidade de Osuna, na provincia de Sevilla, (Andalucía), no sitio arqueolóxico da antiga cidade ibera de Urso e forma parte das esculturas de Osuna monumento B.

Simboloxía e descrición Formaba parte dun monumento ibero da Idade de Ferro II. O altorrelevo, (78 de altura x 38 de ancho e 25 cm de profundidade), reflicte a un home en actitude acrobática que se cre interpretaba algún papel nalgún xogo ou rito funerario. Ten as pernas flexionadas chegando cos pés a tocar a cabeza, os brazos que lle servían de apoio, están case completamente desaparecidos. Apréciase que levaba como indumentaria -con gran influencia romana- unha saia plisada e curta e nos pés un calzado que se ataba preto do nocello por medio dunhas cintas.

Características técnicas

Material: Pedra calcaria. Altura: 78 centímetros Anchura: 38 centímetros. Grosor: 25 centímetros. Formaba parte dun monumento funerario Estilo: ibero da Idade de Ferro II.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha técnica do Acróbata de Osuna do Museo Arqueolóxico Nacional

Categoría:Turdetanos Categoría:Esculturas iberas Categoría:Coleccións do Museo Arqueolóxico Nacional de España