Cleanor de Orcómeno (latín Cleanor, grego antigo Κλεάνωρ, Kleánor) foi un arcadio que formou parte da Expedición dos dez mil, o exército mercenario recrutado por Ciro o Mozo entre o -401 e o -399. Traxectoria Xenofonte di que despois da batalla de Cunaxa no ano -401 rexeitou a rendición dos mercenarios gregos esixida polo rei Artaxerxes II de Persia. O sátrapa Tisafernes capturou a Clearco traizoeiramente xunto con outros xenerais, e Cleanor foi un dos xenerais designados para cubrir as vacantes e durante a retirada comportouse con coraxe.

Cando os gregos se viron decepcionados polo aventureiro Ceratades, con quen partiran de Bizancio, Cleanor foi un dos que lles aconsellou que entrasen ao servizo de Seutes II, o príncipe odrisio de Tracia, e o rei parece que o subornou dándolle un cabalo.

Cooperou con Xenofonte, de quen tiña unha alta opinión, para esixir o pago prometido por Seutes aos mercenariosCleanor en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 779.. Notas

Categoría:Militares da Grecia antiga Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século -V Categoría:Finados no século -IV Categoría:Personalidades de Orcómeno (Arcadia) na Antigüidade