Fileas (en latín: Phileas, en grego antigo: Φιλέας) foi un xeógrafo grego nado en Atenas, que posibelmente fose contemporáneo de Hecateo. A súa época é imposíbel de determinar, pero probabelmente escribiu nos inicios da literatura grega. Traxectoria É mencionado por Dicearco de Mesana e Rufo Festo Avieno, situándoo entre Helánico de Mitilene e Escílax de Halicarnaso. Macrobio chámao un escritor moi antigo (uetus scriptor). Fileas foi o autor dun "Periplo" (Periplus) mencionado especialmente por Estevo de Bizancio e outros escritores posteriores, que abarcaba a maior parte das costas coñecidas na época, dividido en dúas partes, unha para Europa e a outra para Asia1.Phileas en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 262-263..
Notas
categoría:Personalidades de Atenas na Antigüidade Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Xeógrafos da Antigüidade