A Leoa de Bujalance é unha escultura ibera que data do século V a. C. Esta escultura, que representa a un tipo de felino ou un can, foi posiblemente tallada polos turdetanos, pobo que habitaba a Turdetania, rexión ibera situada ao sur da Península Ibérica. A escultura está tallada en pedra calcaria de cor branca-amarelada. Ten unhas dimensións de 62 cm de altura, 89 cm de longo e 28 cm de profundidade.

Historia e descrición Foi descuberta en 1933 nunha leira chamada Los Aguilones, no termo municipal de Bujalance (España). Crese que se trata dun obxecto funerario destinado a acompañar os restos mortais dalgún personaxe poderoso da época, do mesmo xeito que outras moitas representacións de animais fantásticos da época ibera. Actualmente consérvase no Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Córdoba, Córdoba (España).

Trátase dunha figura zoomorfa con cabeza de león situada de fronte. O animal ten os dentes fecheiros, coa lingua colgando por fóra da boca. A cabeza ten forma cúbica e un pescozo longo. Posúe unha melena tratada de forma simétrica, con crinas labradas e a cola está enrolada sobre a coxa esquerda. Non se conserva a parte inferior das patas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Leoa de Baena Leoa ibera de La Rambla

Bibliografía Chapa, T., "La escultura zoomorfa ibérica en piedra", Madrid 1980, pp. 541-543. Olmos, R. et alii, "La sociedad ibérica a través de la imagen", Madrid 1992, p. 99. Ligazóns externas Leoa de Bujalance, CERES: Rede Dixital de Coleccións de Museos de España.

Categoría:Turdetanos Categoría:Esculturas iberas