Emilio Díaz Valcárcel, coñecido como Mazo, nado en Ousende (O Saviñao) cara a 1881, foi un político galego.
Traxectoria Alcalde pedáneo de Ousende. Foi vogal obreiro da Comisión municipal de Policía rual do Saviñao creada en decembro de 1932.BOP Lugo, 22-9-1932, p. 3. Foi detido o 22 de decembro de 1933 acusado de incendio. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 8 de setembro de 1937 e ingresou na Prisión de Monforte de Lemos. Trasladado á Prisión Provincial de Lugo en decembro. Xulgado en consello de guerra en Lugo na causa 1910/37 o 3 de xaneiro de 1938, foi posto en liberdade o 10 de xaneiro a disposición do delegado militar de Orde pública. Reingresou na Prisión de Lugo o 8 de setembro de 1937 pola causa 1210/37 do Xulgado Militar Eventual de Monforte de Lemos. Trasladado a Lugo a disposición do gobernador militar. Liberado definitivamente o 14 de maio de 1938. Novamente detido o 4 de decembro xunto con Manuel Quiroga Álvarez, xulgado por rebelión militar a súa causa foi sobresida provisionalmente e quedou a disposición do xuíz especial de detidos gobernativos. Saíu en liberdade o 31 de decembro de 1938. Volveu ser implicado na causa 415/38.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente procesual de Emilio Díaz Valcárcel Prisión do Partido de Monforte de Lemos Expediente procesual de Emilio Díaz Valcárcel Prisión Provincial de Lugo 1937
Expediente procesual de Emilio Díaz Valcárcel Prisión Provincial de Lugo 1938-
Ficha en Represión franquista en Lugo
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en ano descoñecido