O PWHL Las Vegas é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Las Vegas, no estado de Nevada (Estados Unidos). O equipo competirá na Professional Women's Hockey League (PWHL), sendo a quinta franquía de expansión anunciada pola liga, como parte da segunda rolda de expansións de cara á tempada 2026-27. O equipo é propiedade do Mark Walter Group.
Las Vegas xogará os seus partidos como local no T-Mobile Arena de Las Vegas, pavillón que compartirá cos Vegas Golden Knights da National Hockey League (NHL). O recinto foi inaugurado en 2016 e ten capacidade para 17 500 persoas.
Personalidades Xogadoras Eleccións na primeira rolda do draft
Dende a tempada inaugural da liga celébrase anualmente o draft, no que as franquías seleccionan seleccionan xogadoras das ligas universitarias ou estranxeiras. Las Vegas participou por primeira vez no draft na edición de 2026, cando foi o único equipo en seleccionar a dúas xogadoras na primeira rolda logo de ter traspasado a Hilary Knight ao PWHL Detroit a cambio da súa escolla na primeira rolda.
Eleccións na primeira rolda do draft Ano Nome da xogadora Posto Equipo (liga) Ref 2026 Tessa Janecke Lacey Eden 3º5º Penn State (NCAA)Wisconsin (NCAA)
Directoras xerais Dous días despois do anuncio da creación da franquía, o 15 de maio fíxose público que Dominique DiDia sería a primeira directora xeral do equipo de Nevada. Anteriormente DiDia traballara para a axencia de talentos e deportes Creative Artists Agency.
Directoras Xerais do PWHL Las Vegas Nome(s) Período Dominique DiDia 2023-
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial