Mandonio era o xefe do pobo dos ausetanos durante a invasión romana de Hispania.
Aínda que as lendas queiran facelo irmán de Indíbil, parece pouco probable que o fose. Porén, non é descartable algunha relación familiar a través do matrimonio dunha irmá dun co outro. Mandonio rebelouse contra a República Romana xunto con Indíbil no 206 a. C., pero foi derrotado o 205 a. C. e morreu crucificado.
Notas
Categoría:Iberos Categoría:Executados por crucifixión Categoría:Nados no século -III Categoría:Finados en -205