O prótomo ibero de carneiro de Osuna é un prótomo nun perpiaño de calcaria que data do 300 a. C. - 101 a. C., que representa a un carneiro, e que foi esculpida polo pobo turdetano, cuxo achado se produciu na localidade de Osuna, Provincia de Sevilla (Andalucía), no sitio arqueolóxico da antiga cidade ibera de Urso.

Simboloxía Trátase dun perpiaño en altorrelevo que representaba un carneiro, que na época ibera se asociaba a ritos sobre a fecundidade.Ficha Técnica do Prótomo ibero de carneiro de Osuna da web do Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid (consultada o 15-05-2011)

Características Forma: Prótomo de carneiro. Material: calcaria. Contexto: Idade de Ferro II. Estilo: ibero. Técnica: altorrelevo. Altura: 56,5 cm. Anchura: 59 cm. Grosor: 39,5 cm.

Conservación A peza exponse de maneira permanente no Museo Arqueolóxico Nacional de España, en Madrid, co número de inventario 38423.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Chapa, T., "La escultura zoomorfa ibérica en piedra", Madrid 1980, pp. 633-636. Engel, A.; Paris, P., "Une fortesse ibérique à Osuna (Fouilles de 1903)", en Nouvelles Archives des Missions Scientifiques et Littéraires XIII, 1904, pp. 357-487.

Categoría:Turdetanos Categoría:Esculturas iberas Categoría:Coleccións do Museo Arqueolóxico Nacional de España