Marco Popilio Lenas (en latín, Marcus Popillius M. f. C. n. Laenas), foi un político da gens Popilia da República Romana, elixido cónsul catro veces, nos anos 359, 356, 350 e 348 a.C., con Cneo Manlio Capitolino Imperioso, Marco Fabio Ambusto, Lucio Cornelio Escipión e Marco Valerio Corvo respectivamente. Obtivo un triunfo pola derrota dun exército galo.
Tito Livio afirma que, nalgúns anales, aparece tamén como cónsul no 354 a. C., en lugar de Tito Quincio,Tito Livio (1990), p. 302 (Libro VII, 18,10) mais non nos Fastos Capitolinos.Broughton (1951), p. 124
Traxectoria
Edil curul (364 a. C.) Comezou o cursus honorum no 364 a. C. cando foi edil curul. durante a súa edilidade instituíronse os ludi scaenici.Broughton (1951), p. 116
Primeiro consulado (359 a. C.)
Como consecuencia da Lex Licinia Sexta, que permitía que os plebeos accedesen ao consulado, el foi o primeiro plebeo en conseguilo no ano 359 a. C. xunto con Cneo Manlio Capitolino Imperioso.Tito Livio (1990), p. 290 (Libro VII, 12,1) Lideraron un exército que derrotou un exército tiburtino que se achegaba a Roma coa intención de lanzar un ataque sorpresa. Cara ao final dos seus mandatos, os tarquinos invadiron territorio romano preto da fronteira cos etruscos pero se ocuparon os seguintes cónsules da guerra.Tito Livio (1990), pp. 290-291 (Libro VII, 12,5-6) Segundo Cicerón, era flamen carmentalis ou flamen de Carmenta nese ano.Broughton (1951), p. 121Cicerón, Brutus, 56.
Edilidade (357 a. C.) Durante o ano que foi edil, condenou a Caio Licinio EstolónBroughton (1951), p. 122 a pagar mil ases por quebrantar a súa propia lei pola posesión de terras públicas, pois sendo propietario xunto co seu fillo mil xugadas de terra, emancipou a este para saltarse a lei.Tito Livio (1990), p. 299 (Libro VII, 16, 9) Non está claro se era un edil curul ou un edil plebeo.Broughton (1951), p. 123
Segundo consulado (356 a. C.) Foi elixido de novo no ano 356 a. C., esta vez con Marco Fabio Ambusto. Marco Popilio liderou a vitoriosa campaña contra os tiburtinos.Tito Livio (1990), p. 299 (Libro VII, 17,1-2) Malia unha derrota inicial contra os faliscos e os tarquinos, aliados contra os romanos, Marco Fabio Ambusto conseguiu levar os romanos á vitoria e a un gran botín.Tito Livio (1990), pp. 299-300 (Libro VII, 12,3-6) Despois de que todos os demais pobos etruscos entrasen na guerra, o Senado nomeou ditador a Caio Marcio Rutilo, o primeiro plebeo en asumir o cargo, quen escolleu a Caio Plaucio Próculo (tamén o primeiro plebeo no cargo) como o seu mestre da cabalería e asumiu o mando das operacións.Tito Livio (1990), p. 300 (Libro VII, 12,6)
Terceiro consulado (350 a. C.) No ano 350 a. C., foi elixido xunto con Lucio Cornelio Escipión.Tito Livio (1990), p. 309 (Libro VII, 23, 1)Broughton (1951), p. 127 A Marco Popilio foille confiado o mando unificado da campaña contra os galos, xa que Lucio Cornelio enfermou.Tito Livio (1990), p. 309 (Libro VII, 23, 3) Baixo o seu mando, os romanos derrotaron os galos, principalmente debido á súa organización militar, que era moi superior á dos seus adversarios. Marco Popilio foi ferido no ombreiroTito Livio (1990), p. 310 (Libro VII, 24, 3) e recibiu un triunfo pola vitoria.Tito Livio (1990), p. 311 (Libro VII, 24, 10)
Cuarto consulado (348 a. C.) Marco Popilio foi elixido por última vez no ano 348 a. C. xunto con Marco Valerio Corvo,Tito Livio (1990), p. 316 (Libro VII, 26, 13-14)Broughton (1951), p. 129 ano no que se asinou o segundo Tratado romano-cartaxinés entre Roma e Cartago.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Lista de cónsules romanos na República
Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Edís plebeos Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -IV Categoría:Gens Popilia Categoría:Edís curules