O Sakhalin Yuzhno-Sakhalinsk é un equipo profesional feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Yuzhno-Sakhalinsk (Rusia). O equipo foi fundado en 2024 e compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino ruso, a Zhenskaia Khokkeinaia Liga (ZhHL). O equipo debutou na tempada 2025-26, conseguindo a clasificación para os play-offs ao finalizar a liga regular na quinta posición, mais perdeu nos cuartos de final fronte o Dinamo-Neva de San Petersburgo no quinto e definitivo partido da serie.

Xoga os seus partidos como local no DS Kristall, un pavillón con capacidade para 1 460 persoas.

Historia O Sakhalin Yuzhno-Sakhalinsk fundouse o 15 de agosto de 2024 co apoio do goberno do óblast de Sakhalín, converténdose no primeiro equipo profesional de hóckey sobre xeo feminino da rexión, e debutou na tempada 2025-26 na máxima categoría. Antes do inicio da tempada do seu debut o club nomeou a Alexander Obukhov como adestrador xefe, aínda que acabou rescindindo o seu contrato a principios de setembro e nomeando a Alexander Karpov. Sergei Kolotnev por outra banda foi nomeado primeiro director do novo equipo.

O Sakhalin debutou na ZhHL o 26 de setembro de 2025 recibindo no DS Kristall o HC Tornado, nun partido que se saldou coa primeira vitoria na historia do equipo logo de impoñerse por 5-1. O primeiro gol da historia do Sakhalin chegou no minuto dous do partido, obra de Viktoria Kulihova. Entre os centos de persoas presentes nas bancadas encontrábase o gobernador do óblast de Sakhalin Valeri Limarenko. A pesar de gañar os seus dous primeiros partidos, ambos como local, o equipo comezou a encadear malos resultados a no mes de outubro, chegando a perder seis partidos de xeito consecutivo, e perdendo oito partidos dos dez que disputou entre o 29 de setembro e todo o mes de outubro, aínda que o equipo se recuperou no mes de decembro con cinco vitorias consecutivas, coincidindo coa chegada de Valerii Belov como adestrador xefe, e especialmente antes dos play-offs, cando gañou oito dos seus últimos dez partidos, incluídos sete consecutivos. Na tempada do seu debut finalizou na quinta posición a liga regular cun rexistro de 18 vitorias, 2 vitorias e 4 derrotas máis aló do tempo regulamentario, e 12 derrotas para un total de 44 puntos. Se ben o equipo foi o quinto máis goleador con 99 goles anotados, foi o terceiro menos goleado con 73 goles en contra. Nos play-offs o Sakhalin enfrontouse ao Dinamo-Neva de San Petersburgo nas series de cuartos de final, disputadas ao mellor de cinco encontros. Se ben o equipo de Yuzhno-Sakhalinsk comezou gañando o primeiro partido a domicilio, acabou perdendo a serie no quinto e definitivo encontro, no que o equipo competiu a pesar de verse por detrás no marcador logo dun terzo (2-0), o que as levou a empatar no segundo acto, aínda que o equipo de San Petersburgo acabou gañando o encontro grazas a tres goles no último terzo (5-3).

Pavillón miniatura|250px|O DS Kristall durante un partido do equipo masculino do PSK Sakhalin en 2015. Xoga os seus partidos como local no DS Kristall, un pavillón con capacidade para 1 460 persoas. O pavillón foi inaugurado en 2013, originalmente con capacidade para 1 526 persoas, cunha pista de xeo de 60x30 metros e outras instalacións como ximnasio ou cafetería.

Personalidades Xogadoras Capitás A primeira capitá do Sakhalin foi a rusa Angelina Goncharenko, mentres que as capitás suplentes nomeadas para a primeira tempada do equipo foron as tamén rusas Oxana Bratishcheva e Yekaterina Likhachyova.

Capitás do Sakhalin Nome(s) Período Angelina Goncharenko 2025 -

Líderes históricas A xogadora que máis goles e puntos rexistrou ata o momento na historia do equipo foi Oxana Bratishcheva, con 19 goles e 37&nbp;puntos, mentres que Nina Pirogova é a xogadora con máis pases de gol rexistrados cun total de 24. A continuación as cinco máximas puntuadoras do equipo.

Líderes históricas do Sakhalin Xogadora Pos  PX  G   A  Pts Oxana Bratishcheva C 36 19 18 37 Viktoria Kulishova C/RW 36 15 16 31 Nina Pirogova D 36 5 24 29 Yelena Mezentseva C 36 9 11 20 Yekaterina Likhachyova F 35 9 7 16

Adestradoras e adestradores O primeiro adestrador nomeado polo equipo foi Alexander Obukhov, quen asumiu o cargo no verán de 2025. Con todo, en setembro dese mesmo ano o club rescindiu o seu contrato e nomeou a Alexander Karpov. Con Karpov o equipo conseguiu as súas primeiras vitorias, mais tamén encadeou unha serie de malos resultados e acabou cedendo o posto a Valerii Belov, un adestrador con 25 anos de experiencia, incluídas varias tempadas en diferentes bancos da Kontinental Hockey League (KHL).

Adestradoras e adestradores do Sakhalin Nome(s) Período Alexander Obukhov ata setembro de 2025 Alexander Karpov setembo de 2025 - decembro de 2025 Valerii Belov decembro de 2025 -

Directores xerais Sergei Kolotnev é o primeiro e único director xeral que tivo o Sakhalin ata a data.

Directores xerais do Sakhalin Nome(s) Período Sergei Kolotnev 2025-

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos da ZhHL