Marco Popilio Lenas ou Lenate (en latín, Marcus Popillius P. f. P. n. Laenas) foi un político da gens Popilia da República Romana, elixido cónsul en 173 a. C. xunto a Lucio Postumio Albino.Broughton (1951), p. 407Tito Livio (2008), p. 55 (Libro XLI, 28, 5) Marco Popillio Lenas, cónsul en 139 a.C., era o seu fillo.
Traxectoria
Primeiros anos No 180 a. C., foi nomeado triunviro para establecer unha colonia preto de Pisa.Smith (1867), p. 708Tito Livio (1993), p. 409 (Libro XL, 43, 1)Broughton (1951), p. 390 Foi elixido pretor no ano 176 a. C. e recibiu Sardeña,Broughton (1951), p. 400 pero pediulle ao Senado non ir alí para non prexudicar os éxitos militares que o propretor Tito Ebucio Caro estaba a conseguir na pacificación dunha rebelión na illa e un novo líder necesitaría tempo para adaptarse á situación, o que significaría a perda dun tempo precioso.Tito Livio (2008), p. 32 (Libro XLI, 15, 6-8)
Consulado Foi elixido cónsul no ano 173 a. C. xunto con Lucio Postumio Albino. Os dous recibiron Liguria como provincia consular podendo recrutar dúas lexións cada un deles.Tito Livio (2008), p. 58 (Libro XLII, 1, 1-2) Posteriormente, mentres Lucio Postumio marchou a Campania a recuperar terras privadas, Marco Popilio foi loitar contra os estatelates, unha tribo ligur.Broughton (1951), p. 407-408 Liderou as súas tropas nunha sanguenta batalla na cidade de Caristo, que rematou cando Popilio lanzou a súa cabalería e esta conseguiu romper as liñas inimigas. A propia cabalería matou a moitos dos inimigos que fuxían á súa cidade e, segundo Livio, os romanos mataron a uns 10.000 inimigos e capturaron a outros 700, perdendo uns 3.000 homes na batalla.Tito Livio (2008), pp. 67-68 (Libro XLII, 7-8) Os ligures que sobreviviron rendéronse coa esperanza da clemencia de Popilio. Con todo, este destruíu a súa cidade e vendeunos a todos como escravos.
Cando informou ao Senado do resultado da campaña, este criticou a súa actuación porque os estatelates, eran a única das tribos ligures que non tomaran as armas contra os romanos e, polo tanto, esa actuación era deshonrosa. O senado reclamou que devolvese a liberdade aos cativos, que lles dese as súas armas e os retornase ás súas terras, correndo o cónsul con tódolos gastos.Tito Livio (2008), pp. 68-69 (Libro XLII, 8,1-8) En troques, non fixo nada diso, e denunciou o informe do pretor Caio Licinio e lle impuxo unha multa e queixouse ao Senado que en vez de celebra-la vitoria, semellaba que quería entregar o cónsul aos ligures polo que pedía a anulación do decreto que o obrigaba a pagar tódolos gastos. Porén o Senado mantívose firme e o cónsul houbo retornar á provincia sen conseguir ningunha das dúas demandas.Tito Livio (2008), pp. 69-70 (Libro XLII, 9, 1-6)
Ao ano seguinte, Popilio continuou as súas campañas de agresión contra os estatelates, matando a outros 6.000 homes en combate. As súas accións provocaron unha revolta xeral entre os ligures, e o Senado emitiu un decreto que estipulaba que calquera que impedise a liberación dun estatelate sería procesado. Ao rematar o consulado, non se atrevía volver a Roma pois tiña a todos en contra, tanto o Senado coma o pobo. Os tribunos da plebe emitiron unha proposición de lei para obrigar a súa volta e ameazaron con xulgalo in absentia.Tito Livio (2008), p. 86 (Libro XLII, 22, 1-3) Defendeu a súa causa en 2 ocasións diante do Senado, o cal mediante un senatoconsulto obrigou a que os ligures fosen ceibados e recibisen terras. Na terceira defensa, o pretor, influído por el e pola familia Popilia, buscou un suterfuxio para non ter que emitir sentenza contra el.Tito Livio (2008), p.87 (Libro XLII, 22, 6-8)
Malia a súa conduta cos ligures, no 159 a. C., foi elixido censorTito Livio (2008), p. 30 (Libro XLI, 14, 5) xunto con Publio Cornelio Escipión Nasica Córculo, cargo tamén exercido con gran severidade.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Lista de cónsules romanos na República
Categoría:Nados no século -II Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Pretores Categoría:Censores romanos Categoría:Gens Popilia