Miroslav Šutej, nado en Duga Resa o 29 de abril de 1936 e finado en Krapinske Toplice o 13 de maio de 2005, foi un artista croata de vangarda, coñecido por ser o deseñador dos símbolos nacionais croatas, así como de participar no deseño de moitos dos billetes dese país.

Traxectoria Miroslav Šutej naceu o 29 de abril de 1936 en Duga Resa,"Umro slikar Miroslav Šutej". Indexhr.hr. 15 de maio de 2005. unha vila do condado de Karlovac a 65 quilómetros de Zagreb, daquela no Reino de Iugoslavia e actualmente en Croacia.Kalčić, S. (2005). "In memoriam. Miroslav Šutej (1936. – 2005)". Zarez.hr. 19 de maio.

Comezou a súa formación artística na escola de Artes Aplicadas de Zagreb e logo estudou pintura na Academia de Belas Artes desa cidade, adscrita á Universidade de Zagreb, onde se graduou en 1961. Alí foi colaborador no obradoiro de Krsto Hegedušić, e a partir de 1970, Šutej foi profesor nesta Academia.

Como artista, é moi recoñecible como artista gráfico, polos seus debuxos e as súas colaxes e esculturas, así como polos seus deseños de diferentes obxectos, influído polas tendencias dominantes na arte moderna e contemporánea, sinaladamente a Op Art e a arte cinética. As obras de Šutej atópanse nos principais museos e galerías do mundo, como o Museo de Arte Moderna de Nova York,"Miroslav Šutej. Croatian, 1936-2005". Museum of Modern Art (moma.org). Museo Guggenheim de Nova York, o Museo de Arte Moderna de París, a Tate Gallery de Londres"Miroslav Sutej 1936-2005". Tate Gallery (Tate.org.uk). e o Victoria and Albert Museum,"Miroslav Šutej". Victoria and Albert Museum (vam.ac.uk). así como nas coleccións nacionais do Museo de Arte Contemporánea de Zagreb"Izložba učeničkih radova "šu, šu, Šutej". MSU.hr e do Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Rijeka.

Os traballos que lle achegaron máis popularidade foron o escudo de Croacia e a bandeira na que este se integra, así como o deseño dos novos billetes da kuna croata, xunto con Vilk Žiljko, logo da independencia do país en 1991."Miroslav Šutej". Numista.com Tamén cómpre salientar a súa cruz monumental a todos os caídos na guerra de independencia, erixida no cemiterio de Mirogoj en Zagreb.

A súa derradeira exposición retrospectiva tivo lugar no departamento de Artes Gráficas da Academia Croata de Ciencias e Artes, e na Casa dos Artistas Croatas en 1996.

En 1979, Šutej foi merecedor do premio da Cidade de Zagreb."U 1979. godini za 1978. godinu". Grad Zagreb (Zagreb.hr). O 30 de xaneiro de 1997, Šutej converteuse en membro de pleno dereito da Academia Croata de Ciencias e Artes, unha entidade da que xa era membro asociado desde maio de 1990."Šutej Miroslav, F.C.A.". Croatian Academy of Science and Arts (hazu.hr).miniatura|Tumba de Miroslav Šutej no cemiterio Mirogoj.Miroslav Šutej finou o 13 de maio de 2005, aos 69 anos de idade, no Hospital Especial Magdalena de Cirurxía Cardiovascular e Cardioloxía, en Krapinske, Toplice, logo dunha longa doenza.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Miroslav Šutej en europeana.eu

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados no condado de Karlovac Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Artistas de Croacia Categoría:Alumnos da Universidade de Zagreb Categoría:Profesores da Universidade de Zagreb Categoría:Personalidades sen imaxes