O PWHL San José é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de San Jose, Estados Unidos. O equipo competirá na Professional Women's Hockey League (PWHL), sendo a sexta franquía de expansión anunciada pola liga, completando a segunda rolda de expansións de cara á tempada 2026-27 xunto con Detroit, Hamilton e Las Vegas. O equipo é propiedade do Mark Walter Group.
San Jose xogará os seus partidos como local no SAP Center de San Jose, pavillón que compartirá cos San Jose Sharks da NHL. O recinto foi inaugurado en 1993 e ten capacidade para 17 435 persoas.
Historia O 5 de xuño a porteira canadense Corinne Schroeder, que viña de defender a camisola do Seattle Torrent na tempada 2025-26, converteuse na primeira xogadora da historia do equipo. Horas máis tarde a franquía anunciou a fichaxe da defensa estadounidense Rory Guilday procedente do Ottawa Charge.
Personalidades Eleccións na primeira rolda do draft
Dende a tempada inaugural da liga celébrase anualmente o draft, no que as franquías seleccionan seleccionan xogadoras das ligas universitarias ou estranxeiras.
Eleccións na primeira rolda do draft Ano Nome da xogadora Posto Equipo (liga) Ref 2026 Laila Edwards 4º Wisconsin (NCAA)
Adestradores miniatura|250px|Troy Ryan é o primeiro adestrador da franquía californiana O 22 de maio de 2026 a franquía anunciou que chegara a un acordo co antigo adestrador xefe das Toronto Sceptres e actual seleccionador da selección feminina do Canadá Troy Ryan, que se converteu no primeiro adestrador do novo equipo de California, así como no seu primeiro director xeral. Con Klee o equipo gañou a Walter Cup nas dúas primeiras tempadas da liga.
Adestradores do PWHL San Jose Nome(s) Período Troy Ryan 2026-
Directoras xerais O 22 de maio de 2026 a franquía anunciou que Troy Ryan, ata o momento adestrador xefe das Toronto Sceptres, sería o primeiro director xeral da franquía, cargo que compaxinaría co de adestrador xefe do equipo.
Directoras Xerais do PWHL San Jose Nome(s) Período Troy Ryan 2026-
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Deporte en San Jose