Donato Figueiral Quintas, nado en Solbeira (Paderne de Allariz) a finais do século XIX, foi un actor de teatro e cine galego-cubano.
Traxectoria Nacido en Solbeira (Paderne de Allariz), emigrou a Cuba, onde casou en 1920 coa militante comunista Jesusa Prado, natural tamén da provincia de Ourense. Foi actor de teatro e fundador do Grupo de Teatro Político Bertolt Brecht. Tamén traballou no cine, aparecendo como actor secundario nalgúns filmes, entre eles varias das obras do afamado director Tomás Gutiérrez Alea, como Una pelea cubana contra los demonios ou Los sobrevivientes.
Vida familiar Foi pai de Soledad, Kiko, Ramón e Manuel, e avó do músico cubano Mauricio Figueiral.
Notas
Categoría:Nados en Paderne de Allariz Categoría:Nados no século XIX Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de Cuba Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Finados en ano descoñecido