miniatura|Harriet no Australia Zoo, 2006 Harriet (antes Harry porque se pensaba que era macho; nada contra 1830 e morta o 23 de xuño de 2006) foi o nome que se lle deu a un exemplar femia de tartaruga das Galápagos da subespecie da illa de Santa Cruz Chelonoidis niger porteri, que tiña unha idade estimada de 175 anos cando morreu en Australia. No momento da súa morte vivía no Australia Zoo que era propiedade de Steve e Terri Irwin.176-year-old 'Darwin's tortoise' dies in zoo, de NBC News Harriet é unha das tartarugas de idade máis avanzada coñecidas, despois de Tu'i Malila, que morreu en 1966 á idade de 188 ou 189 anos; e de Jonathan, que aínda vive (en 2026Anna Lamche World's oldest known tortoise still alive, as reports of death revealed as hoax BBC News. 2 de abril de 2026.) cunha idade estimada de 194 anos, e posiblemente de Adwaita, que morreu en 2006 a unha idade estimada entre os 250 e 255 anos.
Suponse que Harriet foi recollida por Charles Darwin durante a súa visita de 1835 ás illas Galápagos nas que recalou na súa viaxe arredor do mundo, despois foi transportada a Inglaterra e despois enviada ao seu fogar final en Australia por John Clements Wickham, o capitán retirado do HMS Beagle. Porén, hai algunhas dúbidas sobre esta historia porque Darwin nunca visitou a illa de Santa Cruz, a illa onde proceden orixinalmente as tartarugas da subespecie de Harriet.
HMS Beagle En agosto de 1994 un historiador de Mareeba chamado Ed Loveday publicou unha carta no xornal local sobre dúas tartarugas das que se lembraba de velas nos Xardíns Botánicos en 1922 e que os gardas coidadores daquel tempo dicían que chegaran alí en 1860 como doazón de John Clements Wickham, que foi o primeiro lugartenente (e posteriormente capitán) do HMS Beagle ás ordes de Fitzroy durante a viaxe do Beagle en 1835.
Wickham trouxo tres tartarugas (chamadas Tom, Dick e Harry) a Australia cando chegou despois de retirarse da Royal Navy en 1841; estas viviron en Newstead House desde 1841 a 1860. Os rexistros mostran que as tartarugas foron doadas aos Xardíns Botánicos en 1860 cando Wickham se retirou como residente do Goberno de Moreton Bay (agora Brisbane) e partiu de Australia para ir a París.
Algúns investigadores afirman que Wickham estaba en Australia en 1841 e non visitou Inglaterra ese ano para recoller as tartarugas. Isto difire da información publicada por Dr. C.G. Drury Clarke e outros, que indican que el estaba en Inglaterra en 1841. Ademais, o Departamento Hidrográfico Británico publicou mapas das inspeccións de Wickham en 1841, o que indica que estaba en Londres ese ano. Ademais, John Lort Stokes, que tomou o mando do Beagle despois de Wickham, afirma explicitamente no seu libro Discoveries in Australia, Volume 2 que Wickham partiu de Inglaterra despois de renunciar ao seu posto de capitán.Paul Chambers The origin of Harriet New Scientist
Hai probas procedentes de cartas de que Charles Darwin sabía que Wickham tiña esas tartarugas, xa que mandou unha carta a Huxley en 1860 informándolle de que debería falar con Wickham en París sobre a última das tartarugas da expecidición de 1835 porque el as tiña. Isto fai polo menos posible que as tres tartarugas dos Xardín Botánicos de Brisbane foran recollidas persoalmente por Darwin.
Pénsase que moitas das 40 tartarugas que se cargaron no Beagle foron cociñadas abordo. Algunhas sacrificáronse para comelas, outras mantivéronas como souvenirs polos membros da tripulación, e unhas poucas como espécimes científicos. Unha vez que o Beagle tornou a Inlatera, o coidado destas grandes criaturas empezou a ser unha carga, así que foron adoptadas por un museo local. Non hai evidencias de que Darwin se quedase con ningunha delas como mascota na súa casa.
A especie de Harriet
Sábese con certeza que Darwin recolleu tartarugas nas illas de San Cristóbal, San Salvador (Santiago) e Santa María (Floreana); porén, a especie de Santa Maria (C. n. niger) estaba xa próxima á súa extinción cando Darwin visitou as illas, ao ser o alimento dos prisoniros da colonia prisión que había na illa. As tartarugas que el recolleu alí foran capturadas polos prisioneiros noutras illas como alimento, e Darwin colleu algunhas delas antes de que as comeran. Por tanto, eran unha mestura de subespecies de varias illas. Harriet, ao ser unha C. n. porteri, procedía da illa de Santa Cruz. Os restos dunha das outras tartarugas (Tom) que acabaron chegando a Australia aínda se conservan no Museo de Queensland e foi identificada como unha C. n. chathamensis (da illa de San Cristóbal).
Outra teorías miniatura|Harriet, 2002 Unha análise inicial do ADN de Harriet non conseguiu identificar a súa subespecie comparándoo co de 900 animais que representan 26 poboacións existentes e extintas. Despois da reanálise foi asignada a C. n. porteri. Os C. n. porteri máis vellos no conxunto de datos foron mostreados como adultos en 1907 e, por tanto, isto implicaría que Harriet saíra do ovo en 1860.
Esta datación descarta moitas posibilidades alternativas para Harriet, xa que, antes de 1900, Australia era un lugar ao que era moi difícil chegar. Houbo soamente dúas importacións de tartarugas das Galápagos antes de 1900, e catro dos cinco animais implicados foron contabilizados e están aínda representados por material de museo. A suxestión feita de que Harriet fora recollida por baleeiros e traída a Australia non é probable, xa que Australia tiña a súa propia industria baleeira e os barcos baleeiros de América do Sur non visitaban a Australia.
As tartarugas recollidas por Darwin foron todas rexistradas nos diarios de viaxe de Fitzroy, incluíndo as súas medidas. Como medía 28 cm de lonxitude, e isto representaba unha idade aproximada de 5 anos para esta subespecie, o ano de nacemento de Harriet estimado por Scott Thomson era 1830, cunha marxe de erro de dous anos, como indica no artigo de 1995 que describía os episodios da vida de Harriet e os resultados da investigación.
Outros cren que a Harriet a deixaron coa familia Yabsley de Coraki (Nova Gales do Sur) que estaba tamén no Beagle.
Parte final da súa vida En 1874 informouse que Harriet, que "estivera no Xardín Botánico 50 anos" enterrábase no chan todos os anos durante os meses de verán.
En 1934 nos Xardín Botánicos da Cidade, Harriet pateou e lesionou un home que a premeu co dedo. Describírona como "entrando nos seus segundos 100 anos de vida".
Durante moitos anos pensouse que Harriet era macho e, en realidade, o seu nome era Harry, que se lle puxo en lembranza de Harry Oakman, o creador do zoo nos Xardíns Botánicos de Brisbane, pero isto foi corrixido na década de 1960 por un director visitante do Honolulu Zoo de Hawai (e casualmente, Tom, o espécime do Mueso de Queensland, era tamén unha femia). Scott Thomson et al. Harriet, The Galapagos Tortoise.
O 15 de novembro de 2005, o seu 175º cabodano celebrouse e foi moi publicitado no Australia Zoo. A este evento asistiron Scott Thomson (o investigador da historia de Harriet), tres xeracións da familia Fleay, Robin Stewart (autor de Darwin's Tortoise), e moitos centos doutros que coñeceron esta tartaruga durante a última parte da súa vida.
Harriet morreu no seu recinto o 23 de uño de 2006 dunha insuficiencia cardíaca despois dunha curta doenza.
Na cultura popular
A historia de Harriet contouna Robin Stewart no seu libro Darwin's Tortoise: The Amazing True Story of Harriet, the World's Oldest Living Creature. Harriet aparece como un dos protagonistas da serie Curious Science Quest de aventuras de viaxes no tempo para nenos coescritos por Julia Golding que exploran a historia da ciencia. O episodio de Saturday Night Live "Emma Stone/Noah Kahan" (2023) incluía unha sátira ou gag titulada "Question Quest", na cal a Harriet lle preguntaban "que teñen en común Charles Darwin e Steve Irwin?".
Notas
Véxase twamén Outros artigos George o solitario Jonathan (tartaruga) Lista de organismos de vida longa
Ligazóns externas
Australia Zoo Carettochelys.com: Ligazón do autor do artigo orixinal onde se discute a historia de Harriet
Categoría:Tartarugas