miniatura|Un dos marcadores do Camiño de Inverno preto de Quiroga.miniatura|Vista do Santuario de Nosa Señora dende o Monte Faro.

O Camiño de Inverno é unha ruta do Camiño de Santiago. Ten 263 km de lonxitude. Desvíase do Camiño francés en Ponferrada. Pasa polas antigas minas de ouro romanas das Médulas, segue o río Sil, cruza a comarca de Terra de Lemos e o río Miño, sobe o Monte Faro e únese ao Camiño Seabrés. Descrición Este percorrido empregábase no inverno para evitar as neves do Cebreiro. En 1610, Diego de Guzmán Haros, confesor da raíña Margarida de Austria-Estiria, peregrinou a Santiago de Compostela e no seu diario describiu a viaxe e o regreso. Chegou a Santiago de Compostela polo Camiño Francés, pero para a súa viaxe de regreso escolleu unha ruta alternativa por Chantada e Monforte de Lemos.

En 2016 a Xunta de Galicia recoñeceu de forma oficial o Camiño de Inverno como unha das vías do Camiño de Santiago.

Percorrido Na provincia de León (Castela e León) discorre por Ponferrada, Priaranza, Borrés, As Médulas e A Ponte de Domingos Flórez. Tras cruzar o río Sil e entrar na provincia de Ourense o Camiño atravesa os concellos de Rubiá, Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras e A Rúa.

Xa na provincia de Lugo discorre por Quiroga, e deixa o río Sil para subir polo curso do río Lor polo concello da Pobra do Brollón. Segue cara a Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao e tras cruzar o río Miño en Belesar chega ao concello de Chantada.

Tras subir o monte Faro o camiño entra na provincia de Pontevedra e baixa até Rodeiro e Lalín, onde conecta co Camiño Seabrés. Pasa por Silleda, A Bandeira e a Ponte Taboada, e entra na provincia da Coruña pola Ponte Ulla.

Tras atravesar o concello de Vedra chega á Susana e discorre por zonas rurais até O Cruceiro de Sar. Logo de atravesar o río Sar adéntrase no núcleo urbano de Santiago de Compostela e entra na zona vella polo arco de Mazarelos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Rúa Pérez, José D. (2011). Camiño de Santiago: Guía del Camino de Invierno.

Ligazóns externas Camiño de inverno: etapas e planificación