Sonia Bazanta Vides, nada en Talaigua Nuevo o 1 de agosto de 1940, e finada o 17 de maio de 2026, máis coñecida como Totó la Momposina, foi unha cantante colombiana de ascendencia afrocolombiana e indíxena. Alcanzou a fama internacional co lanzamento do seu álbum de 1993 La Candela Viva no selo Real World Records de Peter Gabriel.Biography en Real World. Totó acompañou a Gabriel García Márquez para recibir o Premio Nobel de Literatura en 1982 como parte dunha delegación cultural colombiana que actuou durante a cerimonia de premiación.
Traxectoria Totó naceu na vila colombiana de Talaigua Nuevo, preto de Mompox, no departamento de Bolívar. Formou parte da cuarta xeración da súa familia que se dedicou á música. O seu pai era batería e a súa nai era cantante e bailarina.
Estudou na Universidade Nacional de Colombia. Despois estudou durante un ano na Sorbona de París.
Totó recibiu o premio Grammy Latino á traxectoria en 2013.
En 2017, foille outorgada unha doutora honoris causa pola Universidade Pedagóxica Nacional de Colombia.
Totó la Momposina morreu na cidade mexicana de Celaya (Guanajuato) o 17 de maio de 2026, con 85 anos.Colombian Singer Toto la Momposina Dies
Discografía Cantadora (MTM Auvidisc, 1983) Colombia – Totó La Momposina y sus Tambores (Auvidis 4513, 1989) La Candela Viva (Real World Records 31, 1992) Carmelina (MTM, 1995) Pacantó (Colombia: MTM/Europe:Nuevos Medios/USA: World Village, 2000) La Bodega (Astar Artes, 2010) El Asunto (Sony Music Entertainment Colombia S.A. baixo licenza de Sonia Bazanta, 2014) Tambolero (RealWorld Record, 2015)
Recompilatorios Gaitas y Tambores (MTM 2002) Tambores y Cantos (MTM 2013)
Notas
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Cantantes de Colombia Categoría:Finados en 2026 Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Colombia Categoría:Colombianos de ascendencia africana Categoría:Colombianos de ascendencia indíxena