miniatura|Imperios coloniais en 1800. miniatura|Imperios coloniais en 1914. O imperialismo é a práctica, teoría ou actitude de manter ou estender o poder dun estado sobre nacións estranxeiras, particularmente a través do expansionismo, empregando non só o poder duro (poder económico e militar), senón tamén o poder brando (poder cultural e diplomático). O imperialismo céntrase en establecer ou manter a hexemonía e un imperio máis ou menos formal.

Os imperios existiron ao longo de toda a historia, dende o comezo da Idade Antiga, mais o uso do vocábulo "imperialismo" adoita limitarse á cualificación da expansión europea que se inicia coa era dos descubrimentos (século XV) e se prolonga durante toda a Idade Moderna e Idade Contemporánea ata o proceso de descolonización trala segunda guerra mundial. Máis especificamente, a expresión Era do Imperialismo, empregada pola historiografía, denomina o período que vai de 1880 a 1914, en que se produciu unha verdadeira carreira para construír imperios coloniais, principalmente coa chamada repartición de África.

Etimoloxía e uso O termo imperialismo provén da palabra en latín imperium, que quere dicir poder supremo, "soberanía" ou simplemente "mando".Howe, 13 A palabra "imperialismo" foi acuñada orixinalmente no século XIX para denunciar o militarismo despótico de Napoleón e fíxose común no seu sentido actual en Gran Bretaña durante a década de 1870, cando se usaba cunha connotación negativa. A finais do século XIX utilizábase para describir o comportamento dos imperios en todos os tempos e lugares.Sasaki 2014, p 59. Hannah Arendt e Joseph Schumpeter definiron o imperialismo como expansión pola expansión.

Anteriormente, o termo fora usado para describir o que se percibía como os intentos de Napoleón III de obter apoio político mediante intervencións militares estranxeiras. O termo aplícase principalmente ao dominio político e económico occidental e xaponés, especialmente en Asia e África, nos séculos XIX e XX. O seu significado preciso segue sendo debatido polos estudosos. Algúns escritores, como Edward Said, usan o termo dun xeito máis amplo para describir calquera sistema de dominación e subordinación organizado arredor dun núcleo imperial e unha periferia.Edward W. Said. Cultura e imperialismo. Vintage Publishers, 1994. p. 9. Esta definición abrangue tanto os imperios nominais como o neocolonialismo.

Era do imperialismo A era do imperialismo, un período de tempo que comezou arredor de 1760, viu como as nacións europeas en proceso de industrialización participaron no proceso de colonización, influencia e anexión doutras partes do mundo. Os episodios do século XIX incluíron o "repartimento de África".Véxase Stephen Howe, ed., The New Imperial Histories Reader (2009) online review.

miniatura|dereita|África dividido en colonias baixo múltiples imperios europeos, c. 1913

Na década de 1970, os historiadores británicos John Gallagher (1919–1980) e Ronald Robinson (1920–1999) argumentaron que os líderes europeos rexeitaban a idea de que o "imperialismo" requiría un control legal e formal por parte dun único goberno nunha rexión colonial. Moito máis importante foi o control informal de áreas independentes.R.E. Robinson e John Gallagher, Africa and the Victorians: The official mind of imperialism (1966). Segundo Wm. Roger Louis, "Na súa opinión, os historiadores quedaron hipnotizados polo imperio formal e os mapas do mundo con rexións de cor vermella. A maior parte da emigración, o comercio e o capital británicos foron a zonas fóra do Imperio Británico formal. A clave do seu pensamento é a idea dun imperio "de forma informal se é posible e formalmente se é necesario".Wm. Roger Louis, Imperialism (1976) p. 4. Oron Hale di que Gallagher e Robinson analizaron a participación británica en África onde "atoparon poucos capitalistas, menos capital e non moita presión dos supostos promotores tradicionais da expansión colonial. As decisións do gabinete de anexar ou non anexionarse tomáronse, normalmente a base de consideracións políticas ou xeopolíticas".

Observando os principais imperios de 1875 a 1914, houbo un historial mixto en termos de rendibilidade. Nun primeiro momento, os planificadores esperaban que as colonias proporcionasen un excelente mercado cativo para os artigos manufacturados. Porén, excluíndo o subcontinente indio isto raramente foi certo. Na década de 1890, os imperialistas viron o beneficio económico principalmente na produción de materias primas baratas para alimentar o sector manufactureiro doméstico. En xeral, a Gran Bretaña foille moi ben en termos de beneficios co seu dominio da India, especialmente de Bengala Subah, mais non así da maior parte do resto do seu imperio. Segundo o economista indio Utsa Patnaik, a escala da transferencia de riqueza fóra da India, entre 1765 e 1938, foi dun estimado de 45 billóns de dólares. Os Países Baixos tamén tiveron un bo proveito das Indias Orientais. Alemaña e Italia obtiveron moi pouco comercio ou materias primas dos seus imperios. Francia foi un pouco mellor. O Congo Belga era notoriamente rendible, sendo unha plantación de caucho capitalista propiedade e operada polo rei Leopoldo II como empresa privada. Porén, escándalo tras escándalo sobre as atrocidades no Estado Libre do Congo levaron á comunidade internacional a forzar o goberno de Bélxica en 1908, e fíxose moito menos rendible. Filipinas custoulle aos Estados Unidos moito máis do esperado por mor da acción militar contra os rebeldes.

Debido aos recursos xerados polo imperialismo, a economía mundial creceu significativamente e volveuse moito máis interconectada nas décadas anteriores á primeira guerra mundial, facendo que as potencias imperiais fosen ricas e prósperas.

A expansión de Europa no imperialismo territorial centrouse en gran medida no crecemento económico mediante os recursos das colonias, en combinación coa asumición do control político por medios militares e políticos. A colonización da India a mediados do século XVIII é un bo exemplo disto: alí, os "británicos explotaron a debilidade política do Imperio Mogol e, aínda que a actividade militar foi importante en varias épocas, a incorporación económica e administrativa das elites locais tamén foi de importancia crucial" para o estabelecemento do control sobre os recursos, mercados e man de obra do subcontinente. Aínda que un número substancial de colonias foran deseñadas para proporcionar beneficios económicos e para enviar recursos aos portos de orixe nos séculos XVII e XVIII, D. K. Fieldhouse suxire que nos séculos XIX e XX en lugares como África e Asia, esta idea non é necesariamente válida:D. K. Fieldhouse, “'Imperialism': An Historiographical Revision.” Economic History Review 14#2 1961, pp. 187–209 online

Durante este tempo, os comerciantes europeos tiñan a capacidade de "vagar polo mar e apropiarse de excedentes de todo o mundo (ás veces pacificamente, outras violentamente) e concentralos en Europa".David Harvey, Spaces of Global Capitalism: A Theory of Uneven Geographical Development (Verso, 2006) p. 91

miniatura|Asalto británico a Cantón durante a Primeira Guerra do Opio, en maio de 1841.

A expansión europea acelerouse moito no século XIX. Para obter materias primas, Europa ampliou as importacións doutros países e das colonias. Os industriais europeos buscaron materias primas como colorantes, algodón, aceites vexetais e minerais metálicos do exterior. Ao mesmo tempo, a industrialización convertía rapidamente a Europa no centro da produción e do crecemento económico, impulsando as necesidades de recursos.

A comunicación foi moito máis avanzada durante a expansión europea. Coa invención dos ferrocarrís e os telégrafos, fíxose máis doado comunicarse con outros países e estender o control administrativo dunha nación sobre as súas colonias. Os ferrocarrís a vapor e o transporte marítimo a vapor fixeron posible o transporte rápido e barato de cantidades masivas de mercadorías cara e dende as colonias.

Xunto aos avances na comunicación, Europa tamén continuou avanzando na tecnoloxía militar. Os químicos europeos fabricaron novos explosivos que fixeron que a artillaría fose moito máis mortal. Na década de 1880, a metralladora converteuse nunha arma de campo de batalla fiable. Esta tecnoloxía ofrecía aos exércitos europeos unha vantaxe sobre os seus opoñentes, xa que os exércitos dos países menos desenvolvidos aínda loitaban con frechas, espadas e escudos de coiro (por exemplo, os zulús no sur de África durante a guerra anglo-zulú de 1879). Algunhas excepcións dos exércitos que lograron estar case á par das expedicións e estándares europeos inclúen os exércitos etíopes na batalla de Adua e o Exército Imperial do Xapón, mais ámbolos dous dependían moito das armas importadas de Europa e moitas veces contaban con asesores militares europeos.

miniatura|Esta viñeta reflicte a opinión da revista Judge sobre as ambicións imperiais dos Estados Unidos tras a rápida vitoria de McKinley na guerra hispano-estadounidense de 1898.

Causas Económicas miniatura|esquerda|260px|Cecil Rhodes, figura do imperialismo inglés. A crise do 1873 provocou o descenso dos prezos, e con proteccionismo, e dicir, a protección dos produtos propios de cada país prohibindo a entrada de artigos estranxeiros ou gravándoos con impostos. Isto deu lugar á necesidade de encontrar novos mercados que non estivesen controlados polo dito sistema. Por outra parte, potencias capitalistas europeas como Inglaterra, Países Baixos e Bélxica necesitan darlle saída ao seu excedente de capital e fano investíndoo en países doutros continentes, establecendo préstamos, implantando ferrocarrís, instalando portos etc. Ademais, estes países necesitan buscar materias primas para as súas industrias, xa que comezan a esgotarse ou a escasear en Europa.

Desenvolvemento do imperialismo económico

A partir de principios do século XX xa se entende o imperialismo na súa aceptación económica. Unha das principais causas da primeira guerra mundial foron as rivalidades entre os grandes estados como consecuencia da busca de novos mercados, zonas de influencia, materias primas, e, en xeral, dominio territorial.

No período de entreguerras o imperialismo económico ou dominio dos recursos das colonias caracterizouse por estar ligado ó dominio político dos Estados, é dicir, ó colonialismo. Só en Latinoamérica se comezou a dar outro tipo de imperialismo. Alá, deron comezo as actividades das grandes empresas monopolísticas inglesas e especialmente norteamericanas.

Trala segunda guerra mundial, o imperialismo desenvolveuse extraordinariamente: o despertar nacionalista dos pobos subdesenvolvidos (tales como os países africanos) e a aparición do socialismo en moitos deses Estados puxo en crise o sistema colonialista. Non obstante, as antigas colonias pasaron a depender economicamente das ex metrópoles, que continuaban a explotar os seus recursos. É o que se denomina neocolonialismo.

Demográficas En Europa, entre 1850 e 1914, produciuse un espectacular aumento demográfico que chegou incluso a duplicar a poboación, polo que nalgúns países empezaban a escasear os recursos. Gran parte da poboación, uns 40 millóns de europeos, non tiñan outra saída que ir aos outeiros do seu respectivo país, xa que non contaban con traballo nin con alimentos suficientes para abastecerse todos e cambiar a súa residencia na busca de riquezas e mellores condicións.