August Friedrich Schweigger (nado o 8 de setembro de 1783 – finado o 28 de xuño de 1821) foi un naturalista alemán nacido en Erlangen. Era o irmán máis novo do científico Johann Salomo Christoph Schweigger (1779-1857).
Estudou medicina, zooloxía e botánica en Erlangen, e despois da súa graduación viviu un tempo en Berlín (desde 1804) e París (desde 1806). En 1809 foi nomeado profesor de botánica e medicina na Universidade de Königsberg. En 1815, foi elixido membro correspondente da Real Academia Sueca de Ciencias. Nunha viaxe de investigación a Sicilia foi asasinado preto de Agrigento o 28 de xuño de 1821.
O xénero de plantas Schweiggeria da familia Violaceae foi nomeado na súa honra.BHL Taxonomic literature : a selective guide to botanical publications
No campo científico da herpetoloxía é máis coñecido pola súa monografía de 1812 sobre tartarugas, na cal describiu varias especies novas que aínda se consideran válidas.
Taxons de tartarugas descritos por Schweigger Schweigger é a autoridade taxonómica do xénero de tartarugas mordedoras Chelydra.
En 1812 describiu as 12 seguintes especies novas de tartarugas: Pelusios adansonii Geochelone gigantea (tartaruga xigante de Aldabra) Podocnemis expansa (tartaruga arrau) Peltocephalus dumerilianus Mesoclemmys nasuta Kinixys erosa Phrynops geoffroanus Mesoclemmys gibba Melanochelys trijuga Chersina angulata Mauremys leprosa (sapoconcho riscado) Pelusios castaneus ITIS Taxon author: Schweigger, 1812.
Publicacións seleccionadas Specimen flora erlangensis, 1805. Kranken- und Armenanstalten in Paris (Institucións médicas e de caridade en París), Bayreuth: Lübeck, 1809. Prodromus Monographia Cheloniorum auctore Schweigger. Königsberg. Arch. Naturwiss. Mathem. 1: 271-368, 406-458, 1812. Einige Worte über Classification der Thiere, (Tratado sobre a clasificación dos animais), 1812. Prodromi monographiae cheloniorum, 1814. Beobachtungen auf naturhistorischen Reisen (Observacións sobre viaxes de historia natural). Berlín, 1819. Handbuch der Naturgeschichte der skelettlosen ungegliederten Tiere (Libro de texto de historia natural de invertebrados non segmentados). Leipzig, 1820. De plantarum classificatione naturalis, 1821. "The Life and Herpetological Contributions of August Friedrich Schweigger" (Publicada en inglés); Society for the Study of Amphibians and Reptiles, 2008.Busca en Google de obras publicadas
Notas
August Friedrich Schweigger @ Allgemeine Deutsche Biographie
Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Herpetólogos de Alemaña Categoría:Nados en 1783 Categoría:Finados en 1821 Categoría:Naturalistas