O Turismo domina a economía de Antiga e Barbuda, producindo case 60% do PIB e 40% dos investimentos. A diminución de turistas dende o ano 2000 obrigou ó goberno a transformar o país nun paraíso fiscal. A produción agrícola está centrada no ámbito doméstico e limitada pola reducida subministración de auga e unha redución da man de obra debido ós mellores salarios nos sectores de turismo e construción.
É importante tamén a produción agrícola de cana de azucre, algodón e froitas; así como o refinado de petróleo e as manufacturas téxtiles, de carpintería e de produción de ron. Produce algo de cervexa, roupas, cemento, artesanías locais e mobiliario.
A moeda oficial é o Dólar do Caribe Oriental (East Caribean Dollar), cunha paridade fixa de 2,7:1 co dólar americano desde o ano 1976. O produto bruto interno foi de 18.100 dólares per cápita en 2009, ano dunha retracción de 6,5% do PIB. A taxa de inflación anual é moi baixa (1,5% en 2007).
Notas
Antiga e Barbuda Categoría:Antiga e Barbuda