André Barthélemy de Courcay, nado en Aubagne en 1744 e finado en París o 31 de outubro de 1799, foi un sacerdote, bibliotecario e numismático francés, o primeiro presidente da Biblioteca Nacional de Francia e director do Gabinete de Medallas desta institución.

Traxectoria

Orixe familiar André Barthélemy era fillo de Gabrielle Jourdan e de Honoré Barthélemy, unha familia da burguesía de Aubagne. Era sobriño do abade Jean-Jacques Barthélemy,"André Barthélemy abbé de Courçay". En Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719". Bibliothèque nationale de France. Comité d'histoire. e irmán do marqués François Barthélemy e de Joseph Anicet Barthélemy."Courçay (André Barthélemy, abbé de)". Chateauversailles-recherche-ressources.fr

Traxectoria como erudito Como relixioso, Barthélémy foi cóengo de San Martiño de Tours, deán do capítulo de Tours e preboste de Courçay.

O seu tío, o abade Barthélemy, introduciuno en 1770 como conservador axudante non oficial no Gabinete de Medallas da Biblioteca Real, que daquela dirixía. En 1772 foi nomeado conservador da colección de medallas do rei e en 1795 conservador-bibliotecario do Gabinete de Medallas, como sucesor do seu tío logo do falecemento deste o 30 de abril dese ano."Courçay, André Barthélémy de". Comité d'histoire. Bibliothèque nationale de France (comitehistoire.bnf.fr).

O 5 de Brumario do ano IV (26 de outubro de 1795), foi elixido ademais por un mandato dun ano como presidente da Biblioteca Real.

Barthélemy de Courcay finou en París o 31 de outubro de 1799, aos 55 anos, como consecuencia dun ictus sufrido o día anterior mentres traballaba no Gabinete.

Notas

Categoría:Nados en 1744 Categoría:Finados en 1799 Categoría:Nados no departamento de Bocas do Ródano Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes