A Asociación Deportiva Vila do Corpus é un club de fútbol da cidade galega de Ponteareas. Toma a súa denominación en 2010 na honra ás festas do Corpus Christi, unha das festividades máis importantes da vila. Xoga os seus partidos como local no campo de fútbol da Fraga do Rei, en Angoares, de herba sintética. Historia A AD Vila do Corpus fundouse inicialmente en 2007 coa denominación de AD O Condado FC, dedicado fundamentalmente ao fútbol base. En 2010, fusionouse co Ponteareas CF, tamén enfocado nas categorías inferiores, para formar a actual Vila do Corpus.

Escudo e cores As cores da AD Vila do Corpus son o amarelo e o azul, como así se pon de manifesto tanto na súa indumentaria coma no escudo. A equipación principal consta dunha camisola amarela e uns pantalóns e medias azuis.

O escudo está formado por un brasón en forma de circunferencia de cor azul. No seu interior, unha segunda circunferencia amarela ten proxectados unha ponte e un xogador de fútbol en amarelo.

Palmarés Terceira Autonómica (1): 2021-22.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Corpus Christi de Ponteareas

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Ponteareas Categoría:Ponteareas sen imaxes Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes