Jeff Garrett, nado en Glassgow, Kentucky, en 1958, é un numismático e comerciante de moedas estadounidense.

Traxectoria Jeff Garrett, nado en Kentucky en 1958, comezou a coleccionar moedas na súa infancia, e xa aos seus 16 anos, en 1974, ingresou como empregado a tempo completo na compañía de comercio numismático Florida Coin Exchange.Smith, P. (2025).

En 1980 fundou en Lexington, Kentucky, a compañía Mid-American Rare Coin Galleries, e en 1984 Mid-American Rare Coin Auctions, coas que organizou un bo número de poxas numismáticas. En 1993, esta última fusionouse con Heritage Numismatic Auctions.

Garrett ingresou en 1982 no Professional Numismatists Guild, entidade que presidiu entre 2005 e 2007. Tamén é un destacado membro da American Numismatic Association, onde foi vicepresidente entre 2013 e 2015, e logo presidente de 2015 a 2017."Jeff Garrett". Numista.com

Ademais, é asesor do Departamento Numismática do Instituto Smithsoniano en materia de financiamento, exposicións, conservación e investigación.

En 2021 foi incluído na listaxe de persoas máis influentes na numismática entre 1960 e 2020, da revista Coin World, e mantívose nela nos anos posteriores.Coin World: Celebrating 60-The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Amos Media. (2021). Páxina 26.

Vida persoal Jeff Garrett casou en primeiras nupcias en 1980 e divorciouse en 1986. Deste matrimonio tivo un fillo. En 1991 casou novamente, con Mary Lynn Garrett.

Recoñecementos

2003, 2006: Premio Robert Friedberg, do Professional Numismatists Guild."Robert Friedberg Award". Professional Numismatists Guild (PNGdealers.org). 2005: Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org). 2024: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG).

Publicacións (2006). Encyclopedia of U. S. Gold Coins 1795-1933 (con R. Guth). Whitman Pub. Atlanta. ISBN 978-0794817657 (2011). 100 Greatest U. S. Modern Coins (con S. Schechter). Whitman Pub. Atlanta. ISBN 978-0794834784 Notas

Véxase tamén Bibliografía

Smith, P. (2025). "Garrett, Jeff(rey Charles)". En American Numismatic Biographies. Páxina 169.

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Kentucky Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Robert Friedberg Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Personalidades sen imaxes