Virginia Culver, nada en Pittsburgh, Pensilvania, o 6 de xaneiro de 1922 e finada en San Dimas, California, o 24 de outubro de 1985, foi unha numismática e autora estadounidense.
Traxectoria Virginia Price Culver, nada en Pittsburgh en 1922, cursou estudos superiores na Universidade Denison, onde se graduou en 1943, e posteriormente exerceu a docencia nunha escola en Ohio.Smith, P. (2025).
Paralelamente ao seu labor profesional, a figura de Culver destaca pola súa actividade como escritora numismática. Foi columnista nas revistas especializadas COINage Magazine e Coins Magazine de 1965 a 1972, e tamén é autora, xunto con Chester Lee Krause, da monografía Guidebook of Franklin Mint Issues,Ficha do libro en WorldCat. publicada en 1974 por Krause Publications."Obituaries: Virginia Culver. ANA 39457". En The Numismatist. Decembro de 1985. Páxina 2.432.
Foi membro fundador da Token and Medal Society (TAMS), unha entidade na que exerceu como tesoureira (1961-1963), logo como vicepresidenta (1963-1964) e finalmente como presidenta (1964-1966), e na que tamén foi editora da súa publicación periódica, o TAMS Journal, de 1970 a 1973. Esta sociedade honrouna polos seus destacados servizos coa emisión dunha medalla, que foi deseñada por Don Dow e cuñada pola Medallic Art Company, de Nova York, en prata e en bronce."Culver, Virginia (1922-1985)". En Smith, P. (2024). Personal Tokens and Medals of American Numismatists. Páxina 108.
Culver tamén formou parte da xunta de gobernadores da American Numismatic Association (ANA), entre 1965 e 1971; logo foi vicepresidenta (1971-1973), e do 27 de agosto de 1973 ao 24 de agosto de 1975 converteuse na 38ª presidenta da ANA, a primeira muller elixida para ese cargo. Logo da súa xubilación recibiu varios premios outorgados por esta asociación.
Igualmente, foi membro do Numismatic Literary Guild (NLG), onde gañou o premio á mellor columnista en 1970 e o prestixioso premio Clemy en 1972. En 1968 formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos. En 1975 foi nomeada consultora numismática da ceca privada de Pensilvania Franklin Mint.
Entre outras sociedades eruditas doutros países, Culver foi tamén membro da Royal Numismatic Society, de Londres."Oversea Fellows". En Carson, R. A. G. (1986). A History of the Royal Numismatic Society, 1836-1986. Royal Numismatic Society, Londres. Páxina 118.
Vida persoal Virginia Culver casou con John Howard Culver o 14 de outubro de 1946, con quen tivo un fillo e unha filla, chamados Raymond e Cathy, respectivamente.
Morreu nun hospital en San Dimas, California, no transcurso dunha operación cirúrxica, o 24 de outubro de 1985, aos 63 anos. Foi soterrada no cemiterio Rose Hills, en Whittier, California.
Recoñecementos
1965: Premio Literario da Token and Medal Society (TAMS)."TAMS Literary Award". Tokenandmedal.org 1972: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG). 1981: Medalla ao mérito da American Numismatic Association (ANA)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org). 1987: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA (a título póstumo). Notas
Véxase tamén Bibliografía
"Obituaries: Virginia Culver. ANA 39457". En The Numismatist. Decembro de 1985. Páxina 2.432. Smith, P. (2025). "Culver, Virginia Price". En American Numismatic Biographies. Páxina 105.
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania CAtegoría:Alumnos da Universidade Denison Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Personalidades sen imaxes