En bioloxía, unha localidade tipo é o lugar onde se recolleu, capturou ou foi primeiro observado o espécime tipo que leva o nome (name-bearing type) –o espécime concreto que formalmente se utilizou para dar o nome científico– dunha especie ou subespecie. En zooloxía, o termo defínese formalmente no Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica (CINZ ou ICZN), que liga a localidade tipo directamente á procedencia do tipo que leva o nome en vez de á distribución xeral da especie. En botánica (que inclúe plantas, algas e fungos), o lugar de recolección do tipo é xeralmente tratado como locus classicus ("localidade clásica"), mesmo se o Código Internacional de Nomenclatura para Algas, Fungos e Plantas (CIN ou ICN) regula a tipificación por espécimes en vez de definir a "localidade tipo" como un termo autónomo.
Unha localidade tipo pode ser cambiada cando un autor posterior selecciona un determinado espécime do conxunto orixinal como lectotipo, ou designa un espécime de substitución (un neotipo) cando se perdeu todo o material orixinal, porque o Código despois liga a localidade tipo á procedencia dese espécime que se acaba de corrixir. Poden orixinarse desacordos cando os últimos autores "restrinxen" localidades históricas vagas sen realizaren un acto de tipificación formal. Como moitas das localidades máis vellas foron rexistradas como descricións textuais, a práctica moderna a miúdo supón facer unha xerorreferencia: asignar coordenadas e unha estimacion de incerteza explícita desas coordenadas, e documentar como se fixo esa interpretación. En informática da biodiversidade, os datos da localidade tipo exprésanse normalmente por medio un espécime estándar e os campos da localización (por exemplo nos estándares de Darwin Core) en vez de por un só campo de "localidade tipo", e o concepto úsase en traballos aplicados que van desde a revisión taxonómica e a secuenciación do ADN do material topotípico (espécimes recollidos na localidade tipo) para discusións da importancia da conservación dos sitios onde as especies endémicas se documentaron primeiro.
Definición e ámbito miniatura|Folla de herbario do holotipo de Guioa sufusana (L 0013573), con datos na etiqueta indicando a localidade de recollida.
Baixo o ICZN, a localidade tipo dun taxon de grupo de especies nominal (é dicir, unha especie ou subspecie formalmente nomeada baixo o Código) é o lugar xeográfico (e, cando é relevante, estratigráfico), de captura, recollida ou observación do tipo que leva o nome (name-bearing type na literatura inglesa). Se o nome dun grupo de especies foi establecido baseándose en sintipos (múltiples espécimes que en conxunto serven para basear o nome, ningún dos cales estaba individualizado como un estándar único) e non se designou ningún lectotipo, a localidade tipo comprende as localidades de todos os sintipos. A definición, por tanto, liga o concepto directamente cun espécime (ou conxunto de espécimes) en lugar de á idea abstracta dun autor sobre "onde vive a especie", e non debería lerse como a descrición da distribución xeral da especie ou o centro da súa área de distribución. Unha estipulación de casos límites clave trata sobre espécimes que foron transportados por medios artificiais antes de seren recollidos: o ICZN especifica que en tales casos a localidade tipo é o lugar desde o cal o tipo que leva o nome ou o seu proxenitor silvestre, empezaron a súa viaxe non natural. Isto impide que lugares accidentais –como un zoo metropolitano ou un porto de entrada– sexan designados erradamente como localidade tipo para unha especie que se orixinou na natureza ás veces noutro continente. Para taxons fósiles, o uso da localidade tipo trátase comunmente incluíndo o horizonte estratigráfico asociado co material que leva o nome, así como a súa orixe xeográfica.
En botánica, o ICN determina como ten que ser o nomeamento de algas, fungos e plantas e céntrase principalmente na tipificación dos nomes por medio de espécimes (ou ilustracións) en lugar de por sitios xeográficos. A información da localidade para o tipo rexístrase normalmente no protólogo (todo o que se publicou como parte da descrición orixinal do nome, incluíndo texto, ilustracións e citas do espécime) e en datos de etiquetas de herbario, e a miúdo discutido na práctica incluso cando non está regulado como un termo definido polo ICN. Aínda que no ICN non se define formalmente a "localidade tipo" como un termo regulado, a localidade de recolección do holotipo ou outro material orixinal denomínase rutinariamente polos botánicos locus classicus e ten unha importancia práctica equivalente.
Na nomenclatura de procariotas, que depende do Código Internacional de Nomenclatura de Procariotas (CINP ou ICNP), un nome de especie fíxase facendo referencia a un cultivo, a cepa tipo (un illamento particular mantido en coleccións de cultivos que serve como punto de referencia permanente para o nome), en vez de a un espécime conservado. Para os nomes publicados validamente desde 2001, o ICNP require que se deposite un cultivo viable da cepa tipo en polo menos dous sitios publicamente accesibles de coleccións de cultivos en diferentes países, de tal xeito que o material de referencia poida examinarse e obterse por outros investigadores. Neste contexto, a "localidade tipo" úsase principalmente como información de procedencia para a cepa tipo: moitos descricións informan de onde se illou a cepa tipo (a miúdo dando as coordenadas e o hábitat) e pode etiquetarse o sitio como localidade tipo, incluso se o punto de referencia ligada ao Código é a propia cepa. As ideas relacionadas como o material recollido "da localidade tipo" son, por tanto, descritores prácticos en microbioloxía en vez de categorías nomenclaturais formais, e a súa interpretación pode estar menos estandarizada que nos códigos baseados en espécimes.
Na taxonomía de virus, supervisada polo Comité Internacional de Taxonomía de Virus (CITV ou ICTV), as especies están ligdas a un illamento de virus exemplar representado por datos de secuencias do xenoma, e non a un espécime que leva o nome conservado. Para especies novas, as propostas taxonómicas do ICTV espérase que proporcionen números de acceso a GenBank para un illamento exemplar, e as fontes do ICTV compilan información ligada ao exemplar para cada especie recoñecida. Na práctica, algúns materiais do ICTV tamén se refiren a un só "illamento tipo" para unha especie, usualmente elixido como o illamento mellor secuenciado ou mellor documentado, e o lugar e as circunstancias do illamento (a miúdo rexistrados en bases de datos de secuencias como país/rexión e ás veces coordenadas) proporcionan o análogo funcional máis próximo a unha "localidade tipo". Porén, esta información de localidade é a procedencia contextual do exemplar ou illamento tipo, en vez dun concepto que fixa o nome formal comparable á localidade tipo baixo códigos baseados en espécimes.
Relación cos tipos que levan o nome miniatura|upright=1.5|Detalle da etiqueta dun espécime de holotipo do coleóptero Mecodema haunoho, ilustrando como os datos de localidade tipo están documentados nun material de museo.
A localidade tipo deriva da identidade do tipo que leva o nome e segue calquera espécime(s) que o código que se aplica trata como portador(es) obxectivo(s) do nome, en vez de ser unha característica xeográfica elixida independentemente. Por tanto, non corresponde necesariamente a "onde a espècie procede realmente" nun sentido distribucional amplo, e non debería lerse como un resumo do rango de distribución xeral da especie ou da súa área de aparición típica.
No caso zoolóxico máis típico, un único espécime foi designado (ou indicado) na descrición orixinal como holotipo, e o seu lugar de recolección define a localidade tipo. Cando non se designou ningún holotipo e a descrición orixinal estaba baseada en múltiples espécimes (sintipos), a localidade tipo comprende as localidades de todos os sintipos colectivamente, e isto pode incluír máis dun lugar xeográfico (e, cando é relevante, máis dun contexto estratigráfico) ata que se selecciona un lectotipo entre eles. Unha vez que se designou un lectotipo, a localidade tipo fíxase no lugar de orixe dese lectotipo, porque o lectotipo entón funciona como un tipo que leva o nome para o taxon nominal.
Outros espécimes citados na descrición orixinal pero que non forman parte do tipo que leva o nome –paratipos en terminoloxía zoolóxica– non determinan a localidade tipo. A miúdo comparten o contexto de localidade co homotipo e poden ser útiles para comprender o concepto do autor orixinal da especie, pero non teñen ningunha relevancia nomenclatural sobre que lugar é formalmente a localidade tipo. Cando se designou un holotipo, o ICZN trata os espécimes que quedan da serie tipo (o conxunto completo de espécimes no cal o autor orixinal baseou a nova especie) como paratipos e especifica que non se converten en sintipos e non se poden usar para a selección do lectotipo se se perde ou é destruído o holotipo, se ben aínda poden considerarse en calquera acción posterior de designación de neotipo tomada seguindo as estipulación sobre neotipos do Código.
Se o material do tipo que leva o nome orixinal se perde ou destrúe e posteriormente se designa un neotipo para que sirva de tipo que leva o nome, a localidade tipo está correspondentemente ligada ao lugar de orixe do neotipo, porque o ICZN define a localidade tipo por referencia directa ao tipo que leva o nome. Os espécimes recollidos na localidade tipo ("topotipos" no uso común) poden ser valiosos en posteriores traballos de revisión e comparativos, pero non teñen status nomenclatural formal a non ser que un sexa designado como un tipo que leva o nome segundo as regras aplicables.
En botánica, o tipo do nome dunha especie é tipicamente un só espécime de herbario (o holotipo) ou, para nomes máis vellos publicados sen un holotipo designado, o conxunto de material orixinal (os espécimes e ilustracións que o autor orixinal asociou co nome) para o cal un lectotipo pode ser posteriormente elixido. O ICN usa o termo isotipo para un duplicado do holotipo (é dicir, parte da mesma recolección), que por definición procede da mesma localidade. Se un holotipo se perde ou destrúe pode seleccionarse o isotipo (como material orixinal) como lectotipo, fixando así a aplicación do nome a ese espécime e a información da súa localidade asociada na práctica.
Cambio ou fixación posterior dunha localidade tipo Aínda que a localidade tipo se determina inicialmente pola provenencia do tipo que leva o nome orixinal, os actos de nomenclatura posteriores poden cambiala. Os cambios máis relevantes teñen lugar cando a identidade do tipo que leva o nome é fixada posteriormente pola designación dun lectotipo ou neotipo, porque o ICZN asigna despois a localidade tipo ao lugar de orixe dese tipo que leva o nome fixado con posterioridade. As descricións orixinais máis vellas poden tamén establecer a localidade de maneira vaga, ampla ou nun marco histórico pasado, e os autores posteriores poden intentar interpretalos como un lugar actual que pode ser localizado e revisitado.
Aclaración ou corrección dunha localidade tipo establecida
O ICZN recomenda que se corrixan as declaracións erróneas de localidades tipo. Para confirmar ou clarexar unha localidade tipo, o Código baséase en evidencias como os datos que acompañaban o material orixinal, a notas dos recolectores ou os seus itinerarios, e a descrición orixinal, e trata de inferila a partir de localidades dentro da área de distribución do taxon coñecida (ou de onde se tomaron os espécimes referidos ao taxon) como último recurso.
Un lectotipo corrixe a localidade tipo