O encoro das Conchas é unha infraestrutura hidrolóxica construída no río Limia, na provincia de Ourense.

Historia

O encoro construíuse a mediados do século XX, e toma o seu nome do lugar das Conchas (Santa Cruz de Grou, Lobeira), a carón do cal se sitúa a presa. Abrangue unha superficie de 645 ha, e anega terreos dos concellos de Lobeira, Muíños e Bande. Entre o patrimonio afectado polo asolagamento está o campamento romano de Aquis Querquennis, os Baños de Bande e a Ponte Pedriña. Inaugurouse en 1949, e foi o primeiro grande encoro de Fenosa. No encoro hai unha gran concentración de cianobacterias debido aos vertidos de granxas de gando porcino.

Galería de imaxes

Notas

Véase tamén Ligazóns externas

Conchas Categoría:Lobeira Categoría:Bande Categoría:Muíños