A Espartaquiada ou Espartaquíada (en ) foi i inicialmente o nome dunha serie de eventos multideportivos promovidos pola Internacional Vermella do Deporte, coñecida tamén como Sportintern, a partir de 1928. Concibíronse como unha alternativa comunista aos Xogos Olímpicos, pretendían promover o deporte de masas e ofrecer unha alternativa proletaria tanto ao movemento olímpico como ás competicións organizadas polos socialdemócratas.
Co paso do tempo, o termo aplicouse tamén a numerosas competicións deportivas de ámbito local, rexional, sindical, escolar ou militar celebradas na Unión Soviética. Despois de 1945, a denominación utilizouse noutros Estados de Europa do Leste (Polonia, RDA, Hungría, Checoslovaquia, Bulgaria, Romanía, Albania e Iugoslavia).
O nome homenaxeaba a Espártaco, o escravo e gladiador tracio que encabezou unha rebelión contra a República Romana entre os anos 73 e 71 a. C. A súa figura foi adoptada como símbolo por diferentes organizacións socialistas e comunistas.
Espartaquíadas internacionais A Internacional Vermella do Deporte, coñecida tamén como Sportintern, foi creada en 1921 como unha organización deportiva vinculada á Internacional Comunista. Organizou as Espartaquíadas co obxectivo de disputar a dirección do movemento deportivo obreiro á Internacional Deportiva Obreira Socialista, responsable das Olimpíadas Obreiras.
Celebráronse catro edicións:
Espartaquiadas de verán:
1928: Moscova, URSS. Foi a primeira Espartaquíada internacional e celebrouse paralelamente aos Xogos Olímpicos de Ámsterdam. 1931: Berlín, Alemaña. Foi preparada como unha contramanifestación á segunda Olimpíada Obreira, celebrada en Viena. As prohibicións políticas, os problemas para conseguir instalacións e as dificultades de entrada da delegación soviética impediron a celebración normal do programa. Só se realizaron algunhas competicións de maneira clandestina. 1935: A Espartaquiada dese ano ía celebrarse en Moscova pero foi suspendida. A URSS emitiu selos postais conmemorativos para este evento que finalmente non se produciu. Espartaquiadas de inverno: 1928: Oslo, Noruega 1936: Oslo
Proxectáronse outras competicións internacionais que finalmente non se chegaron a celebrar. A disolución da Internacional Vermella do Deporte en 1937 puxo fin á organización destas Espartaquíadas internacionais.
Xunto coa disolución do Sportintern (1937) e a participación da URSS nos Xogos Olímpicos de Helsinqui de 1952, as Espartaquíadas internacionais deixaron de celebrarse. esquerda|miniatura|Selo postal conmmemorativo da quinta Espartaquíada de Inverno dos Pobos da URSS. esquerda|miniatura|Selo de 1982 dedicado á quinta Espartaquíada de Inverno dos Pobos da URSS.
Espartaquíadas na URSS Na Unión Soviética, o termo espartaquíada comezou a aplicarse desde finais da década de 1920 a numerosas competicións deportivas organizadas en diferentes niveis. Celebráronse Espartaquíadas locais, rexionais, escolares, militares, sindicais e sectoriais.
A principal competición deste tipo foi a Espartaquíada dos Pobos da URSS (), celebrada por primeira vez en 1956. Nela competían equipos das diferentes repúblicas soviéticas, así como representacións diferenciadas de Moscova e Leningrado.
As Espartaquíadas dos Pobos da URSS tiveron edicións de verán e de inverno e funcionaron tamén como unha importante competición de preparación e selección de deportistas para os Xogos Olímpicos.
Existiron ademais outras competicións, como as Espartaquíadas xuvenís e a Espartaquíada dos Sindicatos ().
Notas
Véxase tamén
Xogos Olímpicos A URSS nos Xogos Olímpicos Rusia nos Xogos Olímpicos
Categoría:Deporte na Unión Soviética Categoría:Competicións multideportivas Categoría:Deporte en 1921 Categoría:Deporte en 1928 Categoría:Deporte en 1931 Categoría:Deporte en 1935 Categoría:Deporte en 1936 Categoría:Deporte en 1937 Categoría:Deporte en 1952 Categoría:Deporte en 1956