A praia de Cabeceira é unha praia galega localizada no municipio de Poio, na provincia de Pontevedra. Ten unha extensión de 200 metros e está localizada na ría de Pontevedra, a 3 km da cidade de Pontevedra.
Descrición É unha praia en forma de media cuncha na ría de Pontevedra, rodeada por un pequeno piñeiral. A area é branca e fina e está protexida dos ventos con augas calmas e axeitadas para a natación. Ten unha vista privilexiada sobre a illa de Tambo.
A praia conta coa distinción de Bandeira Azul.
Acceso Desde Pontevedra, pódese tomar a estrada costeira PO-308 en dirección a Sanxenxo. A 1 km da Ponte da Barca, na rotonda, debe tomarse a saída en dirección a Lourido e continuar ao longo da estrada para acceder á praia.
Galería de fotos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Poio Ría de Pontevedra Rías Baixas Praia do Lérez Praia de Portocelo Praia de Mogor Illa de Tambo
Bibliografía Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto. Madrid: El País-Aguilar. ISBN 978-8403509344. P. 139-140.
Ligazóns externas Praia de Cabeceira na web do Turismo Rias Baixas Praia de Cabeceira na web Turismo de Galicia.
Cabeceira Categoría:Bandeira Azul