A praia de Mogor é unha praia galega localizada no municipio de Marín, na provincia de Pontevedra. Ten unha extensión de 400 metros e está localizada na ría de Pontevedra, a 8 km da cidade de Pontevedra.
Descrición É unha praia en forma de cuncha na ría de Pontevedra, cercada por un bosque frondoso nun afloramento rochoso. A area é branca e fina e está protexida dos ventos, con augas calmas e axeitadas para a práctica de deportes acuáticos : esquí acuático, vela, moto acuática, wíndsurf e patín de pedais.
A praia conta coa distinción de Bandeira Azul. Ten estacionamento a 500 metros e fica a 600 metros da praia de Portocelo.
Acceso Desde Pontevedra, pode tomarse a estrada costeira PO-12 e PO-11 en dirección a Marín. En Marín, tómase a estrada PO-551 e, no final da área cercada da Escola Naval, a pequena estrada que leva á praia.
Galería de fotos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto. Madrid: El País-Aguilar. ISBN 978-8403509344. P. 139-140. Outros artigos Marín Ría de Pontevedra Rías Baixas Praia do Lérez
Ligazóns externas Praia de Mogor na web Turismo Rías Baixas Praia de Mogor na web Turismo de Galicia
Categoría:Bandeira Azul Mogor