William Sandys Wright Vaux, nado en Oxford o 28 de febreiro de 1818 e finado en Londres o 21 de xuño de 1885, foi un numismático e estudoso das antigüidades británico.
Traxectoria
Primeiros anos e formación William Vaux naceu o 28 de febreiro de 1818 en Oxford, único fillo de Mary Hawkins e de William Vaux (finado en 1844), prebendario da Catedral de Winchester e vicario de Wanborough, Wiltshire.Boase, G. C. (1899). Páxina 196.Obituario de W. S. W. Vaux. En Journal of the Royal Asiatic Society. Vol. 18. Nº 4. 1886. Páxinas i-ii, vii-x. Foi bautizado o 19 de abril na parroquia de Long Crichel, en Dorset.Blain, M. (2019). Páxina 129.
Formouse na Westminster School, no recinto da Abadía de Westminster, de 1831 a 1836, e o 18 de marzo deste último ano ingresou no Balliol College, da Universidade de Oxford, onde se graduou en 1840,Blain, M. (2019). Páxina 130. e acadou o seu mestrado en 1842.
Carreira profesional e como erudito En 1841 comezou a traballar como asistente no Departamento de Antigüidades do Museo Británico, e en xaneiro de 1861 pasou a ser o encargado do Departamento de Moedas e Medallas desta institución, un posto que se viu obrigado a abandonar en outubro de 1870, por mor da súa mala saúde."William Sandys Wright Vaux". The British Museum (Britishmuseum.org).Boase, G. C. (1899). Páxinas 196-197.
Desde 1846 foi membro da Sociedade Numismática de Londres —logo transformada en Royal Numismatic Society—, e en 1852 converteuse nun dos seus secretarios da sociedade, na que durante algún tempo axudou a John Y. Akerman na edición da primeira serie da revista Numismatic Chronicle, onde el mesmo publicou vinte e cinco artigos. En 1855 foi elixido presidente e permaneceu no cargo ata 1874.Obituario de W. S. W. Vaux. En The Numismatic Chronicle. 1886. Royal Numismatic Society, Londres. Páxinas 18-19. Durante moitos anos, a Sociedade Numismática celebraba as súas xuntanzas nos cuartos de Vaux na Gate Street, en Lincoln's Inn Fields.Boase, G. C. (1899). Páxina 197.
Entre 1871 a 1876 dedicouse a catalogar as moedas da Biblioteca Bodleiana, para a Universidade de Oxford.
Entre outras entidades e sociedades eruditas, Vaux ingresou na Asociación de Canterbury o 5 de abril de 1850, e o 4 de xuño de 1868 foi elixido membro da Royal Society. Tamén pertenceu á Real Sociedade Asiática, na que exerceu como secretario de novembro xaneiro de 1876 ata o seu falecemento. Igualmente, foi secretario da Real Sociedade de Literatura entre 1852 e 1885. miniatura|266x266px|Ilustración do seu libro Nineveh and Persepolis... (1850).Vaux, W. S. W. (1859). (1850). Nineveh and Persepolis: an Historical Sketch of Ancient Assyria and Persia. Londres. Páx. de anteportada. Os focos de Vaux nos seus estudos e nas súas investigacións foron moi amplos e variados, aínda que sentía un especial interese polas antigüidades orientais, que foron obxecto de varios dos seus traballos monográficos. Tamén son salientables as súas contribucións á numismática cos seus artigos en Numismatic Chronicle.
No ámbito relixioso, Vaux estivo relacionado cos inicios dunha afiliación dentro da Igrexa Anglicana coñecida como Movemento de Oxford.
Vida persoal W. S. W. Vaux casou o 11 de xullo de 1861 con Louisa Rivington, filla máis vella de Louisa Christina Hansard e de Francis Rivington. O matrimonio tivo dous fillos, chamados William Edward (nado en 1865) e Richard (nado en 1869), e unha filla cuxo nome se descoñece (nada en 1868).Blain, M. (2019). Páxinas 129-130.
O día 21 de xuño de 1885, Vaux finou aos 67 anos na súa residencia do número 102 de Cheyne Walk, en Chelsea, Londres. Foi soterrado no cemiterio West Brompton, en Kensington, o día 26 de xuño.
Publicacións
Monografías (1850). Nineveh and Persepolis: an Historical Sketch of Ancient Assyria and Persia. Londres. [2ª ed.: 1850], [3ª ed.: 1851], [4ª ed.: 1855]. (1851). Handbook to the Antiquities in the British Museum: a Description of the Remains of Greek, Assyrian, Egyptian, and Etruscan Art. Londres. (1876). Ancient History from the Monuments; Persia from the earliest Period to the Arab Conquest. Londres. [2ª ed: 1884], [3ª ed: 1893]. (1877). Ancient History from the Monuments: Greek Cities and Islands of Asia Minor. Londres.
Escolma de artigos
(1848). “On a Discovery of Roman Coins, in the Parish of Little Malvern, Worcestershire”. En The Numismatic Chronicle. Vol. 11. Páxinas 19-39. (1853). “On Coins of Ceylon; With Some Remarks on the So-Called Ring, and Fish-Hook Money, Attributed to That Island”. En The Numismatic Chronicle. Vol. 16. Páxinas 121-132. (1861). “On Some Remarkable Greek Coins Lately Acquired by the British Museum”. En The Numismatic Chronicle. Serie 2. Vol. 1. Páxinas 104-108. (1876). “Indenture Preserved in the Bodleian Library Relating to Certain Farthings of James I” (con R. Nayer e R. Langforde). En The Numismatic Chronicle. Serie 2. Vol. 16. Páxinas 235-246 .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Blain, M. (2019). "Vaux, William Sandys Wright". En The Canterbury Association (1848-1852): A Study of Its Members’ Connections. Páxinas 129-130. Boase, G. C. (1899). "Vaux, William Sandys Wright by". En Stephen, L. (Ed.). Dictionary of National Biography. Vol. 58. Páxinas 196-197. Smith, Elder & Co., Londres.
Obituario de W. S. W. Vaux. En The Numismatic Chronicle. 1886. Royal Numismatic Society, Londres. Páxinas 18-19.
Obituario de W. S. W. Vaux. En Journal of the Royal Asiatic Society. Vol. 18. Nº 4. 1886. Páxinas i-ii, vii-x. Obituario de W. S. W. Vaux. En American Journal of Numismatics. Vol. 20. Nº 2. 1885. American Numismatic Society. Páxina 47.
Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1885 Categoría:Nados en Oxford Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Personalidades sen imaxes