A praia da Suacasa ou praia da Cacharela é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha pequena praia semiurbana cunha extensión de 54 metros.

Localización e acceso A praia está localizada na parroquia viguesa de Teis, no límite con Chapela. Está flanqueada polas praias do Mende e Arealonga.

A accesibilidade a esta praia é limitada. Pódese acceder desde o camiño da Cacharela a través dunhas escaleiras irregulares e mal definidas. Tamén é posible tomar un paseo peonil desde Mende ou Arealonga. O servizo máis próximo de bus urbano é a liña C3 de Vitrasa, con parada na avenida de Galicia.

Descrición Trátase dun pequeno areal con forma de media lúa. A area é fina e de cor crema con matices grises, aínda que desaparece practicamente nos períodos de preamar. Está considerada a praia máis pequena de Vigo e encóntrase en perigo de desaparición a causa das correntes marítimas cambiantes e das construcións artificiais da súa contorna.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Teis Praia do Mende Praia de Arealonga

Ligazóns externas Praia da Suacasa na web do Concello de Vigo

Suacasa Categoría:Vigo sen imaxes Categoría:Praias de Galicia sen imaxes