Michio Kaku (en xaponés :加來道雄), nado en San José, California, o 24 de xaneiro de 1947, é un físico teórico, escritor e divulgador científico estadounidense. É profesor e cocreador da teoría do campo de cordas, unha rama da teoría de cordas, que axudaría a explicar a chamada Teoría do todo, buscada por varios físicos ao longo da nosa historia, incluído Albert Einstein. Michio Kaku defende a existencia de universos paralelos.
O físico é coñecido por facilitar a comprensión de temas extremadamente técnicos.
Traxectoria Kaku graduouse summa cum laude na Universidade de Harvard en 1968, onde foi o primeiro da súa clase de Física. En 1972, foi ao Laboratorio de Radiación de Berkeley na Universidade de Berkeley para obter o seu doutoramento. En 1973, converteuse en membro da Universidade de Princeton. Actualmente é profesor na Universidade da Cidade de Nova York. É autor de varios artigos técnicos sobre a teoría de cordas, a supergravidade, a supersimetría e os hadróns ; os seus estudos céntranse actualmente na Teoría do todo.
É autor de varios libros de divulgación científica e tamén participou en varios programas de televisión explicando os conceptos máis "esotéricos" da física moderna. Actualmente presenta tres programas na canle Discovery Channel: The Physics of the Impossible, How the Universe Works e The World of the Future.
O físico, nos seus estudos, defende a existencia de universos paralelos.
Obra
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas «Página oficial» Entrevista de Michio Kaku a Revista Galileu
Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Estadounidenses de ascendencia xaponesa Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en California