A praia da Punta, tamén coñecida como praia da Punta da Guía ou praia do Areíño, é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha praia semiurbana cunha extensión de 50 metros e que conta coa distinción da Bandeira Azul.

Localización e acceso A praia está situada na parroquia viguesa de Teis, concretamente ao norte do monte da Guía. Desde a avenida de Galicia é posible o acceso peonil e rodado, existindo ademais un pequeno aparcadoiro. A liña L17 de Vitrasa presta servizos de autobús urbano ás proximidades da praia. Existe un paseo que rodea o areal e que ten varias ramplas para facilitar o acceso.

Descrición Trátase dunha pequena praia de area fina e agrisada con matices crema. Está parcialmente resgardada polo espigón da antiga ETEA. Existe un proxecto municipal para rexenerar o espazo da praia da Punta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Teis Monte da Guía Praia da Suacasa Praia de Mende

Ligazóns externas Praia da Punta na web Turismo de Galicia Praia da Punta na web do Concello de Vigo

Categoría:Bandeira Azul Punta