Os retratos do Fayum (Fayyum, Faiyum ou Fayum) son o termo moderno empregado para definir un tipo de retrato realista pintado sobre madeira (carballo, cedro ou cipreste) en momias exipcias do Exipto romano. Estes retratos son innovacións que datan da época da ocupación romana de Exipto e eran comúns desde o delta do Nilo até a Nubia.

Historia alt=|miniatura|Retrato dunha nena, século II, Louvre . Encáustica sobre madeira.|esquerda Forman parte da tradición da pintura sobre táboa, que continuou na arte bizantina en forma de iconas (véxase iconografía) e na arte copta. En termos de tradición artística, os retratos derivan máis da arte grecorromana que da arte exipcia antiga, e isto débese ao gran número de inmigrantes gregos no Exipto ptolemaico. Baixo o dominio grecorromano, Exipto tiña varias colonias gregas, a maioría delas concentradas en Alexandría. Outra destas colonias foi Faiyum, que tamén albergaba habitantes doutras partes de Exipto, como o delta do Nilo e Menfis.

Pódense distinguir dous tipos de retratos pola técnica: os que empregan a encáustica e outros que empregan a témpera . A maioría dos retratos atopáronse na necrópole de Faiyum.

O explorador italiano Pietro Della Valle, nunha viaxe a Saqqara-Menfis en 1615, foi o primeiro europeo en descubrir e describir os retratos. Outros retratos foron atopados no século XIX en Tebas. Ippolito Rosellini, membro da expedición de Jean-François Champollion, levou un dos retratos a Florencia.

Hoxe en día, os retratos de Faiyum pódense atopar en importantes museos arqueolóxicos de todo o mundo, como o Museo Británico, o Museo Metropolitano de Arte de Nova York e o Louvre de París.

As prácticas funerarias da dinastía ptolemaica seguían tradicións antigas. Os corpos dos membros da clase alta eran momificados, colocados en cadaleitos decorados e unha máscara colocábaselles sobre a cabeza. Os gregos da rexión practicaban a cremación. Isto reflicte a situación xeral en Exipto durante o período helenístico: os gobernantes proclamábanse faraóns pero incorporaban só uns poucos costumes locais, seguindo o modo de vida grego. Todo cambiou coa chegada dos romanos. En poucas xeracións, todas as tradicións gregas desapareceron.

Xunto cos frescos de Pompeia e Herculano e os frescos das tumbas do antigo reino de Macedonia, os retratos son as obras mellor conservadas da antigüidade e son famosos polo seu incrible naturalismo. A través dos retratos é posible observar como a xente se peiteaba, vestía e levaba xoias.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Arte romana Arte copta Historia da pintura Pintura da antiga Roma

Categoría:Wikipedia:Arte en progreso Categoría:Retratos Categoría:Pintura da Roma Antiga Categoría:Momias