A praia do Adro ou praia de Bouzas é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dun areal urbano situado no corazón da parroquia de Bouzas e que ten unha extensión de 450 metros. Conta coa distinción de Bandeira Azul.
Localización e acceso A praia está localizada na parroquia viguesa de Bouzas. Na súa contorna sitúase o centro histórico do barrio, incluída a igrexa de San Miguel, de cuxo adro toma o nome. Pode chegarse á praia do Adro desde a VG-20. Tamén é posible acceder desde a avenida de Beiramar para posteriormente tomar a travesía de Bouzas Portuario. Existe un amplo aparcadoiro na contorna da praia. As liñas C3, L13 e L28 de Vitrasa prestan servizo a este areal.
A praia dispón de acceso peonil a través do paseo marítimo de Bouzas, integrado nun sendeiro azul de 7 km con orixe na praza da Estrela.
Descrición Trátase dunha praia alongada e pechada. A area é branca e de tamaño variable segundo a zona. No ano 2023 obtivo a distinción de Bandeira Azul. En 2026 finalizouse unha intervención na contorna da praia do Adro que incluíu unha duna artificial e novas áreas de xardín.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bouzas Igrexa de San Miguel de Bouzas
Ligazóns externas Praia do Adro na web do Concello de Vigo Praia do Adro na web Turismo Rías Baixas
Categoría:Bandeira Azul Adro Categoría:Bouzas, Vigo