Neugraben-Fischbek é un núcleo poboacional (Ortsteil / Stadtteil) de Hamburgo, pertencente ao distrito (Bezirk) de Harburg en Hamburgo.
Xeografía A parte sur está situada no Geest e a parte norte na marisma do val do río Elba e está regada polo Falkenbek e unha rede de regatos, o máis amplo dos cales limita co distrito de Francop. Está atravesada pola estrada principal B73 Hamburgo-Cuxhaven e a liña de metro S3/S31 Hamburgo-Buxtehude-Stade con dúas estacións: Neugraben e Fischbek. Os cursos de auga que deron nome aos dous núcleos, o río Fischbek e a canle Neu (en baixo alemán antigo Nie Graben) desapareceron.
miniatura|O punto máis alto do Estado Federal de Hamburgo. A pedra foi erixida en 2013. A inscrición di: "Hasselbrack/116m/Höchster Punkt/Hamburgs" (Hasselbrack/116m/O punto máis alto en Hamburgo).|esquerda|183x183px miniatura|Albergue Zur Börse|esquerda|185x185px
Historia Neugraben-Fischbek ten a súa orixe en dous antigos núcleos rurais documentados desde a Idade Moderna, separados historicamente polo río Falkenbek, fronteira entre as xurisdicións medievais de Moisburg e Harburg, dentro do ámbito de Lüneburg. A zona, de solos areosos e pouco fértiles, viviu durante séculos dunha agricultura difícil, da drenaxe de marismas, da extracción de turba, area e grava, e só comezou a transformarse coa chegada do ferrocarril, que atraeu as primeiras industrias.
En 1867 pasou ao distrito prusiano de Harburg; en 1937, a chamada Lei do Gran Hamburgo decretou a transferencia dos concellos (Landkreis) de Fischbek e Neugraben de Prusia ao Land de Hamburgo.
Durante a Segunda guerra mundial non sufriu bombardeos e acolleu refuxiados en barracóns construídos por presos dun subcampo de Neuengamme; co tempo, esas vivendas provisionais convertéronse nun barrio estable, hoxe protexido como exemplo singular da arquitectura popular da posguerra.
En 1951 os dous pobos fusionáronse no barrio actual. Desde os anos setenta medrou con novas urbanizacións arredor das estacións de metro, de arquitectura brutalista. Este crecemento contrasta coas reservas naturais, os restos dos núcleos antigos e o barrio de Falkenberg. A integración urbana do espazo, dividido pola estrada e o ferrocarril, segue sendo un reto pendente.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Hamburgo Categoría:Distritos de Alemaña