Ana Paula Ribeiro Tavares, coñecida como Ana Paula Tavares, nada en Lubango, Angola, o 30 de outubro de 1952, é unha historiadora e poeta angolana.

Traxectoria Nada en 1952 en Lubango, na provincia angolana de Huíla, foi criada polos seus padriños e viviu alí ata os 20 anos. Despois do seu matrimonio viviu en Huambo, Cuanza Sur, Benguela e finalmente Luanda.

Comezou a súa carreira de Historia na Facultade de Letras de Lubango (agora ISCED - Instituto Superior de Ciencias da Educación de Huíla). En 1992, foi a Portugal, onde rematou a súa carreira na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa e obtivo un máster en Literaturas Africanas, completando o curso en 1996.

En 1976 foi nomeada para o Consello Nacional de Cultura, destacando en Cuanza Sur.

Actualmente reside en Portugal. Doutorouse en Antropoloxía na Universidade Nova de Lisboa sobre História e memória. Estudo sobre as sociedades de Lunda e Cokve de Angola e imparte clases na Universidade Católica de Lisboa.

Traballou continuamente nas áreas da cultura, a museoloxía, a arqueoloxía e a etnoloxía, o patrimonio, as actividades culturais e a docencia.

Tanto a prosa como a poesía de Ana Paula Tavares aparecen en varias antoloxías publicadas, con algunhas publicacións destacadas en Portugal, Brasil, Francia, Alemaña, España e Suecia.

Influencias A escrita de Ana Paula Tavares recibiu a influencia de autores brasileiros como Manuel Bandeira, Jorge Amado, Carlos Drummond de Andrade e João Cabral de Mello Neto, cuxas obras chegaron a Angola a través de viaxeiros. Segundo a poeta, non só a literatura, senón tamén a música brasileira, influíron na súa escrita.

Premios e recoñecementos

2007 – Premio Nacional de Cultura e Artes de Angola (categoría de literatura), polo libro Manual para amantes desesperados 2004 – Gañou o Premio de Poesía Mário António outorgado pola Fundación Calouste Gulbenkian co libro Dizes-me coisas amargas como os froitos 2025 – Premio Camões, pola súa «fecunda e coerente trajetória de criação estética» e polo «rescate da dignificación da poesía» na súa obra.

Obras seleccionadas É autora de varios libros:

Poesía

Ritos de passagem (1985). Luanda: UEA [2ª ed. Lisboa: Caminho, 2007]. O Lago da Lua (1999). Lisboa: Caminho. Dizes-me coisas amargas como os frutos (2001). Lisboa: Caminho. Manual Para Amantes Desesperados (2007). Lisboa: Caminho. Como veias finas na terra (2013). Lisboa: Caminho. Poesia Reunida seguido de Água Selvagem (2023). Liboa: Caminho.

Prosa Sangue da buganvília: crônicas (1998). Centro Cultural Português Praia-Mindelo. O Sangue das Buganvílias (2023). Lisboa: Caminho. 70 crónicas breves, orixinalmente concebidas para a retransmisión por radio e asinadas en Lisboa, entre 1996 e 1998 . A Cabeça de Salomé (2004). Lisboa: Caminho. Os olhos do homem que chorava no rio (2005), em coautoria com Manuel Jorge Marmelo. Lisboa: Caminho.

Poemas

Mukai Canto de nascimento Não conheço nada do país do meu amado Vieram muitos Tratem-me com a massa November without water A abóbora-menina O mirangolo Rapariga Amargos como os frutos Entre os lagos História de amor da princesa Ozoro e do húngaro Ladislau Magyar A manga A mãe e a irmã O cercado

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Programa Entre Nós (Universidade Aberta/RTP): entrevista a Ana Paula Tavares Entre a voz do símbolo e o eco do imaginário - a voz poética de Ana Paulo Tavares . Por Mara Regina Avila de Avila. Boitatá – Revista do GT de Literatura Oral e Popular da ANPOLL. Londrina, n.º 15, pp. 118-127, xaneiro-xullo de 2013. ISSN 1980-4504

Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Angola Categoría:Escritores en lingua portuguesa