A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) é unha axencia pública autonómica da Xunta de Galicia, adscrita á Consellería do Medio Rural, creada en 2018 co obxectivo de promover e protexer a calidade diferencial dos produtos agroalimentarios galegos, desenvolver a investigación e a innovación agraria e forestal e coordinar a formación profesional agraria en Galicia.
A axencia ten personalidade xurídica propia, patrimonio e tesouraría propios e autonomía de xestión. Constitúe o principal instrumento da administración autonómica en materia de calidade alimentaria, investigación, innovación e formación agroforestal.
Organización A Axencia está dirixida por un Consello Reitor, unha Dirección e unha Xerencia, conforme ao estabelecido nos seus estatutos.
Na súa estrutura intégranse diversos centros de investigación e experimentación, entre os que salientan:
Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM); Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF); Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega); Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Lafiga).
Tamén dependen da Axencia os centros de formación e experimentación agraria de Sergude, Guísamo, Becerreá, Ribadeo («Pedro Murias»), Monforte de Lemos e Lourizán.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Consellería do Medio Rural Denominación de orixe Indicación Xeográfica Protexida
Categoría:Xunta de Galicia Categoría:Economía de Galicia