Hesiquio (en grego antigo Ἡσύχιος, en latín Hesychius), alcumado Ilustre (), probabelmente debido a algún cargo que ocupaba que implicaba este título), foi un historiador grego do século VI natural de Mileto. Traxectoria Foi autor de varias obras, ningunha delas conservada, e principalmente dun dicionario biográfico, que é a fonte principal da Suídas, a enciclopedia medieval.

Viviu durante o reinado dos emperadores Anastasio I, Xustino I e Xustiniano I. Non se coñecen detalles da súa biografía, agás que era fillo de Hesiquio e Sofía e tivo un fillo chamado Xoán, cuxa morte detivo a obra do seu pai.

Escribiu as seguintes obras:

(De his qui Eruditionis Fama claruere), un dicionario biográfico feito a partir de materiais doutros autores, principalmente Elio Dionisio e Herennio Filón, pero tamén de Dióxenes Laercio, posto que ten características semellantes ás Vidas e doutrinas dos filósofos máis ilustres. A obra non se conserva, pero é a fonte principal da Suídas, e un gran número de artigos destas enciclopedia proveñen enteiramente do dicionario de Hesiquio. (Res Patriae Constantinopolitanae). Probabelmente é un fragmento da obra que segue. Unha parte desta obra vaina incorporar case textualmente Xurxo Codino á súa Libro Chronico de Originibus Constantinopolitanis. , unha historia que inclúe máis de mil novecentos anos empezando por Belos, mítico fundador do Imperio asirio ata a morte do emperador Anastasio I en 518, distribuída en seis partes: 1) antes da guerra de Troia; 2) Da guerra de Troia á fundación de Roma; 3) da fundación de Roma ata a abolición da monarquía; 4) do establecemento do consulado ata Xulio César; 5) de Xulio César ata o establecemento de Constantinopla como capital; 6) ata a morte de Anastasio I. A esta última hai que lle engadir un apéndice sobre o reinado de Xustino (518-527) e o comezo do reinado de Xustiniano (emperador do 527 ao 566). O conxunto está moi ben documentado, e semella que se o seu alcume Ilustre quería dicir que tiña algún cargo na administración do imperio, puido acceder a gran cantidade de documentación oficial hoxe perdida.

Segundo Focio, esta última obra tiña un estilo conciso e unha linguaxe ben escollida e expresiva. Ás veces confundiuse a Hesiquio de Mileto co autor do Léxico Hesiquio de Alexandría9.Hesychius of Miletus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 447-448.. Notas

Categoría:Historiadores bizantinos Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século VI Categoría:Finados no século VI Categoría:Personalidades de Mileto na Antigüidade