Mark Richard Walter, nado en Cedar Rapids (Iowa) o 1 de xaneiro de 1960, é un empresario e filántropo estadounidense, director executivo de Guggenheim Partners, unha firma global privada de servizos financeiros con máis de 345 000 millóns de dólares en activos. Tamén é o director executivo e copresidente de TWG Global, un holding multinacional estadounidense.

Walter é máis coñecido polo seu investimento en deportes profesionais. É o propietario e presidente do equipo da Major League Baseball Los Angeles Dodgers, o equipo da National Basketball Association Los Angeles Lakers, o equipo da Women's National Basketball Association Los Angeles Sparks, a organización de deportes de motor Andretti Global, e a Professional Women's Hockey League (PWHL). Ademais, é propietario do 12.7% de BlueCo, un holding que controla do Chelsea da Premier League, o Strasbourg da Ligue 1, e parte da Billie Jean King Cup.

Notas

Categoría:Nados en Iowa Categoría:Nados en 1960 Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Directivas e directivos da PWHL