Jonathan Asp Jensen, nado en Gauerslund o 14 de xaneiro de 2006, é un futbolista dinamarqués que xoga como extremo esquerdo ou centrocampista ofensivo no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Gauerslund IF do seu pobo natal, pasando logo polas categorías inferiores do Vejle e do Midtjylland. En 2022 recalou no fútbol alemán, ingresando no equipo xuvenil do Bayern de Múnic.

En 2024 subiu ao Bayern de Múnic II, co que debutou o 24 de febreiro nun partido da Regionalliga Bayern contra o Viktoria Aschaffenburg. O 12 de maio de 2024 debutou co primeiro equipo do Bayern na Bundesliga, nunha vitoria por 2-0 sobre o VfL Wolfsburg, partido no que saíu dende o banco no lugar de Lovro Zvonarek.

Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Grasshopper da Superliga suíza. Co conxunto de Zürich disputou un total de 40 partidos, marcando 9 goles, e salvou a categoría tras vencer na promoción de permanencia ao Aarau.

En xullo de 2026 anunciouse o seu traspaso ao Deportivo da Coruña, club que viña de ascender á Primeira División e que pagou por el arredor de seis millóns de euros. Debutou na primeira xornada da tempada 2026/27 contra o Elche en Riazor, saíndo como titular.

Selección nacional Foi internacional coas categorías sub-16, sub-17 e sub-18 da selección de Dinamarca.

Notas

Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados en Dinamarca Categoría:Futbolistas de Dinamarca Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores do Grasshopper-Club Zürich Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña